Otto Müller
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de decembro de 1870 Eckenhagen, Alemaña |
Morte | 12 de outubro de 1944 (73 anos) Berlín, Alemaña |
Residencia | Neustadt-Nord (–século XX) |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, membro da resistencia |
Membro de |
Otto Müller, nado o 9 de decembro de 1870 en Eckenhagen, Renania (Alemaña) e finado en Berlín o 12 de outubro de 1944, foi un sacerdote opositor ao nacionalsocialismo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi ordenado sacerdote en 1984. En 1906 asumiu o cargo de presidente do Movemento Católico de Traballadores, dende onde promoveu os dereitos da clase obreira. En 1918 foi presidente da asociación de Alemaña occidental. Co ascenso social do nazismo manifestouse publicamente en contra dese movemento en expansión por consideralo totalitario, racista e contrario aos valores cristiáns. Actuou activamente na Resistencia en Colonia. Foi detido pola Gestapo en 1944. Morreu en circunstancias pouco claras no hospital estatal da policía en Berlín. Non se sabe onde foi soterrado.