Otto Sonnenholzner
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de marzo de 1983 (41 anos) Guayaquil (Ecuador) |
Vicepresidente de Ecuador | |
11 de decembro de 2018 – 7 de xullo de 2020 ← María Alejandra Vicuña (en) – María Alejandra Muñoz (en) → Nomeado por: Assembleia Nacional do Equador (pt) | |
Datos persoais | |
Educación | Schiller International University (en) - economia internacional (pt) (–2006) Universidade de Passau (pt) - economía (–2004) Universidade de Múnic - economía (–2002) German School of Guayaquil (en) - ciencia social (–2001) |
Actividade | |
Ocupación | economista, empresario de medios, profesor universitario, xornalista, político |
Empregador | Universidade Católica de Santiago de Guayaquil Tropicana (en) |
Partido político | Avanza (en) (2023–) político independente (2018–2023) |
Membro de | |
Familia | |
Pais | Otto Ramón Sonnenholzner e Rosa Elena Sper |
Otto Ramón Sonnenholzner Sper, nado en Guayaquil o 19 de marzo de 1983, é un empresario, radiodifusor e economista ecuatoriano. Foi Vicepresidente da República de Ecuador dende o 11 de decembro de 2018 até o 10 de xullo de 2020.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Otto naceu en Guayaquil o 19 de marzo de 1983, fillo de Ramón Sonnenholzner e Rosa Elena Sper, no seo dunha familia empresaria e vinculada á radiodifusión, de ascendencia alemá. Está casado con Claudia Salem Barakat e ten tres fillos.[1][2]
O apelido Sonnenholzner, vén de dúas derivacións Sonnen, que significa sol, e Holzner, madeireiro, é dicir, Madeireiros do Sol e provén da vila de Amerang, situada no sur de Alemaña.[3]
Rematou a secundaria no Colexio Alemán Humboldt coa especialización en ciencias sociais e comunicación, logo realizou os seus estudos de economía internacional na Schiller International University nas súas sedes de Alemaña e España, nas que se graduou co título de economista.[4][5][6] Ademais diso, especializouse na Universidade Ludwig Maximilian de Múnic e na Universidade de Passau. Como empresario desenvolveuse no sector da construción, comercio e agricultura. Realizou a súa labor como comunicador e xerente xeral en radio Tropicana e foi presidente Asociación Ecuatoriana de Radiodifusión (AER) en Guayas.[1] Tamén realizou actividade como profesor universitario na Universidade Católica de Santiago de Guayaquil.[5]
Trala renuncia irrevogable de María Alejandra Vicuña en decembro de 2018, foi proposto polo presidente Lenín Moreno como substitución de Vicuña á vicepresidencia e encabezou a terna presentada á Asemblea Nacional para este cargo.[1] Trala elección realizada na Asemblea Nacional o martes 11 de decembro de 2018, foi escollido como vicepresidente da república.[7]
Dez días despois da súa designación déronse como funcións o seguimento do Diálogo Social Nacional, a coordinación das accións dos Consellos Sectoriais, e ser parte do desenvolvemento da axenda sustentable e a atracción de investimentos.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "¿Quiénes están en la terna enviada por el presidente Lenín Moreno para Vicepresidente?". 6 de decembro de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2017.
- ↑ "[PERFIL] Economista y radiodifusor, el tercer vicepresidente de Ecuador en 19 meses". Grupo Ediasa S.A. 11 de decembro de 2018. Consultado o 11 de decembro de 2018.
- ↑ "Sonnenholzner, un apellido que lleva casi 100 años en Ecuador". 16 de decembro de 2018. Consultado o 17 de decembro de 2018.
- ↑ "Dos guayaquileños en terna para Vicepresidencia de Ecuador". 12 de decembro de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 "La terna para elegir al nuevo Vicepresidente está en la Asamblea". 7 de decembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2018.
- ↑ "El Vicepresidente – Vicepresidencia de la República del Ecuador". s. f. Consultado o 11 de decembro de 2018.
- ↑ "Asamblea Nacional elige a Otto Sonnenholzner como vicepresidente de Ecuador". 11 de decembro de 2018. Consultado o 11 de decembro de 2018.
- ↑ "Las funciones de Sonnenholzner: Diálogo, agenda sostenible, atracción de inversiones y coordinación". Consultado o 22 de xaneiro de 2019.