Outeiro, Sanguñedo, Verea
Outeiro | |
---|---|
Parroquia | Sanguñedo |
Concello | Verea |
Coordenadas | 42°05′09″N 7°54′40″O / 42.08583333, -7.91111111 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Outeiro é un lugar da parroquia de Sanguñedo, no concello ourensán de Verea na comarca da Terra de Celanova. Tiña dez habitantes no ano 2020, dos cales sete eran homes e tres eran mulleres.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O lugar dista da capital do concello 5,3 quilómetros pola estrada OU-0206.
A aldea sitúase preto do alto do monte de Outeiro. Preto do lugar pasa o regato de Balín e o regato de Sanguñedo. No monte de Outeiro nace o regato de Quintela.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Outeiro ven do latín altariu(m)[2], altar elevado ou calquiera cousa illada e elevada.[3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]Aquí naceu Antonio Dorado Fidalgo, alcalde de Verea entre 1979 e 1987. Durante unha época exercería de mestre na aldea.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de San Salvador foi construída a principios do século XVIII. Segundo a inscrición do canteiro que se atopa na fachada posterior, a obra foi rematada no ano 1707. A fachada ten unha porta de lintel sinxela e remata cunha cornixa curva.[4] Nos extremos da cornixa érguense dous pináculos puntiagudos rematados en esfera. O campanario está conformado por dous arcos romanos, nos cales se atopan dúas campás, unha por arco. Por riba deste corpo hai outros dous pináculos, similares aos situados na cornixa, e mais unha estrutura triangular sobre a cal está un pararaios ornamental con forma de cruz grega.
O cruceiro de Sanguñedo está situado no Campo do Outeiro, diante da igrexa de San Salvador de Sanguñedo a medio camiño entre o lugar de Sanguñedo e Outeiro.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Sanguñedo
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Sanguñedo no concello de Verea (Ourense) | |
---|---|
Abeleda | Balín | Casal de Abade | Os Casares | Outeiro | Sanguñedo |
Parroquias de Verea
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Instituto Nacional de Estadística. Nomeclátor. Relación de unidades poboacionais.". www.ine.es. Consultado o 2021-02-01.
- ↑ "Estudio toponímico del ayuntamiento gallego de Cedeira (España)" (PDF). Consultado o 31/01/2021.
- ↑ "OTERO". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2021-01-31.
- ↑ "Iglesia de San Salvador de Sanguñedo – Terra de Celanova — Serra do Xurés" (en castelán). Consultado o 2021-01-29.