Saltar ao contido

Ovo, pico, araña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Ovo, pico e araña é un xogo popular no que pode participar un número indefinido de persoas.

Funcionamento

[editar | editar a fonte]

Despois de repartirse en grupos, ponse un xogador pegado a unha parede coas pernas abertas, un compañeiro seu agacha a cabeza entre as súas pernas e agárrase, o resto de compañeiros dese equipo van facendo o mesmo.

O outro equipo vai subíndose enriba deles. Cando todos os do equipo que se vai subindo soben sen caer ou sen moverse os de abaixo, o xogador que está preto do que está apoiado na parede di: Ovo, pico ou araña? á vez que fai un deses tres sinais: ovo (coa man pechada), pico (man aberta cos dedos pegados) ou araña (man aberta cos dedos abertos). Se o que está apoiado na parede acerta o xesto, gaña o seu equipo.

Se algún dos xogadores cae, perde o equipo que caia.