Oxidase
Unha oxidase é un encima que cataliza unha reacción de oxidorredución que implica ao oxíxeno molecular (O2) como aceptor de electróns. Nestas reaccións, o oxíxeno redúcese a auga (H2O) ou peróxido de hidróxeno (H2O2).[1]
As oxidases son unha subclase de encimas oxidorredutases.
Exemplos
[editar | editar a fonte]Un importante exemplo é a citocromo c oxidase, que é un encima clave para que o corpo poida utilizar o oxíxeno na xeración de enerxía na cadea de transporte de electróns. Outros exemplos son:
- glicosa oxidase
- monoamino oxidase
- citocromo P450 oxidase
- NADPH oxidase
- xantina oxidase
- L-gulonolactona oxidase
- laccase
- lisil oxidase
Proba da oxidase
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Proba da oxidase.
En microbioloxía, a proba ou test da oxidase é moi utilizada como unha característica fenotípica para a identificación de especies e cepas de bacterias. A proba determina se unha bacteria dada produce citocromo oxidases, e, por tanto, utiliza o oxíxeno nunha cadea de transporte de electróns.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Probas da catalase e a oxidase vídeo
- Oxidase Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.