Oxiurinos
Oxiurinos Oxyurinae Rango fósil: Oligoceno - Actualidade | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Oxyura australis | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||
|
Segundo algúns autores, a dos oxiurinos (Oxyurinae) é unha subfamilia de aves da orde das anseriformes e familia dos anátidos.
Características
[editar | editar a fonte]A maioría dos seus membros son patos, algúns denominados malvasías, que teñen as plumas da cola longas, que se erixen cando a ave está en repouso.
A excepción é Heteronetta atricapilla que se parece máis a un pato típico provisto de cola curta.
Costumes
[editar | editar a fonte]Son todos mergulladores de auga doce, provistos de patas curtas que lles fan que sexan torpes na terra, polo que raramente deixan a auga.
Cortexo sexual
[editar | editar a fonte]O seu cortexo sexual é raro e involucra un tamborileo emitido pola súa gorxa e bolsas inchábeis, axitando a cabeza, e erixindo as súas curtas cristas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O grupo foi descrito polo naturalista e ornitólogo inglés William John Swainson en 1831.
Os oxiurinos inclúen 4 xéneros, 3 deles monotípicos, con 8 especies viventes.
Nota taxonómica
[editar | editar a fonte]Algúns autores non recoñecen esta subfamilia, e as súas especies clasifícanas dentro da subfamilia dos anatinos.[1]
Xéneros, especies e distribución
[editar | editar a fonte]Especie | Distribución | Imaxe |
---|---|---|
Oxyura australis | Australia | |
Oxyura jamaicensis | América | |
Oxyura leucocephala | Europa | |
Oxyura maccoa | África | |
Oxyura vittata | Suramérica |
Especie | Distribución | Imaxe |
---|---|---|
Nomonyx dominicus | Antillas |
Especie | Distribución | Imaxe |
---|---|---|
Biziura lobata | Australia e Tasmania |
Especie | Distribución | Imaxe |
---|---|---|
Heteronetta atricapilla | Suramérica |