Nomonyx dominicus
Nomonyx dominicus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nomonyx dominicus | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Nomonyx dominicus (Linnaeus, 1766) | |||||||||||||||||||
Área de distribución de N. dominicus
| |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Nomonyx dominicus é unha especie de ave da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos oxiurinos, a única incluída no xénero Nomonyx.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]Xénero
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1880 polo naturalista e ornitólogo estadounidense Robert Ridgway.[2]
Sinónimos da especie
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
- Anas dominica Linnaeus, 1766 (protónimo)
- Nomonix dominicus (Linnaeus, 1766)
- Nomonyx dominica (Linnaeus, 1766)
- Oxyura dominica (Linnaeus, 1766)
- Oxyura dominica dominica Sibley & Monroe, 1990
Subespecies
[editar | editar a fonte]Recoñécense as dúas subespecies:[2]
- Nomonyx dominicus dominicus Sibley & Monroe, 1990
- Nomonyx dominicus jamaicensis Sibley & Monroe, 1990
Nota taxonómica
[editar | editar a fonte]O único membro do xénero Nomonyx é intermedio entre o bastante primitivo Heteronetta atricapilla e os moi apomorfos patos de cola ríxida (do xénero Oxyura). Ás veces inclúese con este último xénero, pero ao parecer é descendente dun elo perdido na evolución dos oxiurinos, que cambiaron, pero pouco, durante millóns de anos.[3][4]
Distribución é hábitat
[editar | editar a fonte]Distribución
[editar | editar a fonte]Nomonyx dominicus encóntrase no sur de América do Norte, Centroamérica e América do Sur. Está presente nas Antillas.[1]
Hábitat
[editar | editar a fonte]Habita nas zonas pantanosas tropicais. Tense visto nos mangleirais. Está documentado desde o nivel do mar até os 800 msnm.
Características
[editar | editar a fonte]Mide de 30 a 35 cm de lonxitude, e a súa masa corporal oscila entre os 300 e os 400 g.
É máis confiado que outras especies de oxiurinos, pero ocúltase entre a vexetación.
Flota semiafundido. Non eleva a cola. É máis voador que o resto dos patos mergulladores, mostrando unha mancha central nas ás. Presenta a carúncula, a cara e a barba negras. O dorso está manchado de negro. A femia presenta dúas notábeis fraxas ocráceas na cara, amourada, pero non presenta a coloración avermellada no pescozo e na caluga do macho.
Nutrición
[editar | editar a fonte]Este pato aliméntanse principalmente de sementes, raíces, caules e follas de plantas acuáticas.[5] Tamén comen insectos acuáticos e crustáceos. Aliméntanse mergullando.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Reprodúcese en calquera corpo de auga doce con vexetación pantanosa e rodeados dunha densa cobertura arbórea.
A niñada consiste de catro a seis ovos, aínda que se han rexistraron niñadas de até dez e oioto ovos. A incubación dura uns 28 días.
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución extraordinariamente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución, qua a tendencia de poboación parece ser estábel e, polo tanto, a especie non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tendencia de poboación. O tamaño da poboación podería estar dentro dun amplo rango de moderadamente pequeno a moi grande, pero non se pensa que se aproxime aos limiares de vulnerábel baixo o criterio do tamaño da poboación. Por estes motivos o status da especie é avaliada como LC (pouco preocupante).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2021): Nomonyx dominicus na Lista vermella da UICN. Versión 2022. Consultada o 27 de outubro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Nomonyx dominicus (Linnaeus, 1766) no GBIF. Consultado o 27 de outubro de 2022.
- ↑ Livezey, Bradley C. (1986). "A phylogenetic analysis of recent anseriform genera using morphological characters". Auk 103 (4): 737–754.
- ↑ McCracken, Kevin G.; Harshman, John; McClellan, David A.; Afton, Alan D. (1999). "Data set incongruence and correlated character evolution: An example of functional convergence in the hind-limbs of stifftail diving ducks" (PDF). Systematic Biology 48: 683–714. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xuño de 2011. Consultado o 27 de outubro de 2022.
- ↑ Nomonyx dominicus en The Online Guide to the Animals of Trinidad and Tobago].
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nomonyx dominicus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Nomonyx dominicus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew & Sargatal, Jordi, eds. (1992): Handbook of Birds of the World. Volume 1: Ostrich to Ducks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-410-5.
- Sibley, David Allen (2000): The Sibley Guide to Birds. Nova York: Alfred A. Knopf. ISBN 978-0-6794-5122-8.