Ozod Aminova
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de outubro de 1933 Khujand, Tadjiikistán |
Morte | 7 de xuño de 2009 (75 anos) |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, escritora |
Partido político | Partido Comunista da Unión Soviética |
Ozod Muhiddinovna Aminova (taxico: Озод Аминзода), nada en Khujand o 1 de outubro de 1933 e finada o 7 de xuño de 2009 foi unha escritora soviética-taxica, coñecida tamén como Ozod.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Khujand, por entón chamada Leninabad. É filla do poeta e músico Muhiddin Aminzoda.[1] Graduouse no Instituto Pedagóxico de Khujand en 1958, e deu clases na vila até 1970. Nese ano uniuse ao Partido Comunista da Unión Soviética.[2] Entre 1971 e 1990 foi editora do xornal local Haqiqati Leninabad. Nese ano pasou a traballar na Asociación de Escritores de Tadjiikistán, do que é membro desde 1965.
Obra
[editar | editar a fonte]Comezou a publicar a súa obra a mediados da década de 1950. Nos seus textos trata temas como o patriotismo, o amor, a lealdade ou a liberdade das mulleres soviéticas.Boa parte da súa obra foi traducida ao ruso, e algúns poemas a outras linguas da Unión Soviética.[2]
- Satrhoi Nakhustin ("As primeiras liñas", 1965)
- Ba Yodi Tu ("Pensando en ti", 1971)
- Chashmi Bidor ("Ollo esperto", 1975)
- Didori Sahro ("Visita aos campos", 1975; escrita na honra da enxeñeira Dilbarniso Nurmatova)
- Modarnoma ("En louvanza da nai", 1981)
- Piroyai Sabz ("Ornamento verde", 1983)
- Man Ham Maktabkhon Shudam ("Eu tamén aprendín", 1981)
- Guldasta ("Bouquet", 1984)
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 1982 gañou o Premio Komsomol de Tadjiikistán pola súa obra. Tamén recibiu a Orde Honoraria do Presidio dos Soviets Supremos de Tadjiikistán e Acerbaixán.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Скончалась известная таджикская поэтесса Озод Аминзода". centrasia.ru. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2017. Consultado o 13 de novembro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 "Prominent Tajik figures of the 20th century". fayllar.org. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2017. Consultado o 10 de novembro de 2017.