Píllara papuda
Píllara papuda | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Charadrius alexandrinus (L., 1758) | |||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
A píllara papuda[1][2][3][4][5][6] ou píllara das dunas[7] (Charadrius alexandrinus) é unha pequena ave limícola pertencente á familia Charadriidae.
Atópase amplamente distribuída ocupando extensas áreas da Europa meridional, América, África e sur de Asia, acadando os 40ª de latitude norte e apenas superando o ecuador en África e Asia. En América chega ata a Patagonia.
A nivel galego atópase ameazada de extinción debido á alteración do seu hábitat.[8]
Na actualidade existen asociacións coma ANABAM que loitan porque esta ave non desapareza dos areais galegos, levando a cabo proxectos de concienciación e protección dos areais nos que a píllara aniña.
Distribución
[editar | editar a fonte]Na Península Ibérica atópase distribuída por tódalas costas, sendo máis escasa no Cantábrico. Tamén cría nalgunhas localidades interiores. En Galicia aniña en toda a costa en escaso número, destacando as poboacións do Complexo dunar de Corrubedo e Baldaio, cunha ducia de parellas reprodutoras en cada zona. Grazas ás medidas de protección dos hábitats desta ave nas illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas as poboacións desta ave nas illas estanse incrementando, especialmente nas Illas Cíes.[9] Estímase que ao longo da costa galega aniñan entre 60 e 65 parellas (Domínguez e Vidal, 2002).[8]
Descrición
[editar | editar a fonte]A píllara papuda é unha ave pequena, cun tamaño semellante ao do merlo, pero máis estilizada. Mide uns 14 cm de lonxitude e 45 cm de envergadura. O seu peso vai dos 30 aos 50 g. A píllara é unha especie que presenta dimorfismo sexual: o macho ten a parte superior de cor crema, e a parte inferior de cor branca; as patas, o peteiro e a risca ocular son de cor negra. A femia é máis clara e carece de risca ocular negra.
Subespecies
[editar | editar a fonte]Coñécense cinco subespecies de Charadrius alexandrinus:[10]
- Charadrius alexandrinus alexandrinus Linnaeus, 1758
- Charadrius alexandrinus dealbatus (Swinhoe, 1870)
- Charadrius alexandrinus nivosus (Cassin, 1858)
- Charadrius alexandrinus occidentalis (Cabanis, 1872)
- Charadrius alexandrinus seebohmi Hartert & Jackson, A.C., 1915
Alimentación
[editar | editar a fonte]En canto á alimentación, aliméntase principalmente de pequenos invertebrados, mosquitos, escaravellos, moscas e, máis raramente, de pequenos moluscos.
Reprodución
[editar | editar a fonte]A píllara papuda reprodúcese en praias con dunas, lagoas e pouca vexetación. Adoita ser monógama e ten unha gran fidelidade ao lugar da posta. Esta adoita estar formada por 3 ovos, os cales son chocados durante 25 días polos proxenitores, facéndoo a femia polo día e o macho pola noite.
A posta da píllara ten lugar entre maio e xullo polo que esta se enfronta a un gran perigo: a coincidencia no tempo coa chegada do verán e os primeiros bañistas, polo que, como pon os seus ovos nun cunco na area, deixa de chocalos ante a posibilidade de intrusións na súa distancia vital. Os bañistas, inconscientemente, déitanse na area a tomalo sol, en ocasións durante horas, polo que a píllara non se achegará ao niño até que pase o perigo, arrefriándose os ovos e perdendo a posta. Outras causas da perda da posta son o esmagamento dos ovos por algún camiñante ou a predación por outras especies coma as gaivotas patiamarelas, os corvos, as ratas e mailos cans que vagan ceibos pola praia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para píllara.
- ↑ Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X.; Rodríguez Villanueva, Xosé L. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-3316-X.
- ↑ Penas Patiño, Xosé Manuel (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 978-84-96128-69-9.
- ↑ "Píllara". Digalego.xunta.gal. Dicionario de galego. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2019. Consultado o 9 de agosto de 2019.
- ↑ VV. AA. (2009). Gran Dicionario Xerais da Lingua. Xerais. ISBN 978-84-9914-070-4.
- ↑ Mª P., Jiménez Aleixandre, (1991). "Zooloxía". Vocabulario de ciencias naturais. Xunta de Galicia.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF). Chioglossa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 17 de decembro de 2016.
- ↑ 8,0 8,1 AAVV, Guía das aves de Galicia, Ediciós Baía, A Coruña, 2004
- ↑ "El aumento de chorlitejos patinegros en las Cíes sorprende a los zoólogos" La Voz de Galicia, 15/5/2009, Consultada o 05/07/2018
- ↑ Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names." (en inglés). Consultado o 19 de xullo de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Píllara papuda |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Píllara papuda |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)
- Documental sobre o aniñamento da píllara papuda no esteiro do Miño.