Pío Abundancia Álvarez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1873 valor descoñecido |
Morte | 29 de xuño de 1959 (85/86 anos) Tui, España |
Alcalde de Tui | |
16 de outubro de 1934 – 3 de abril de 1935 | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Pío Abundancia Álvarez, nado cara a 1873 e finado en Tui o 29 de xuño de 1959, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi elixido concelleiro de Tui en 1913, e nese mesmo ano nomeado presidente do Círculo Tradicionalista de Tui. Foi Tenente de Alcalde en 1914, volveu ser concelleiro e 1º Tenente de Alcalde en 1916 e 1923. Foi vicecónsul de Portugal en Tui. Na Segunda República militou no Partido Republicano Radical e foi nomeado alcalde de Tui o 16 de outubro de 1934, permanecendo no cargo até o 3 de abril de 1935. Finou en Tui o 29 de xuño de 1959 aos 85 anos.[1]
Predecesor: Jacinto Fernández Lago |
Alcalde de Tui 1933 - 1935 |
Sucesor: Manuel Cordovés Millet |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1904 con Margarita Fortes Orozco, filla de Justo Salvador Fortes, e foi pai de Pío, Margarita, Dolores, Purificación, Ramón, Ricardo, Justo, José e Rita Abundancia Fortes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en Faro de Vigo, 30-6-1959, p. 5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Añoveros Trías de Bes, Xabier; Martínez Gamallo, Loli (2007). Los alcaldes de Tui del siglo XX. Historia de la ciudad a través de los plenos municipales. Pontevedra: Deputación. ISBN 978-84-612-2481-4.