Pío Príncipe
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1866 Jaca, España |
Morte | 14 de xaneiro de 1933 (66/67 anos) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Pío Príncipe García de Romero, nado en Jaca en 1866 e finado en Ourense o 14 de xaneiro de 1933[1], foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Colexio San Ildefonso do Escorial. Tenente de Carabineiros. Foi destinado a Ourense en 1914, onde se xubilou. Ao retirarse dedicouse á actividade industrial. Integrouse no grupo republicano de Ourense do que formou parte da súa directiva xa en 1918. O 26 de marzo de 1930 foi un dos asinantes do Pacto de Lestrobe. Despois da escisión da Federación Republicana, organizou o Partido Radical con Luís Fábrega Coello, Fernández Pérez, Santos Fernández Fueyo e Antonio Buján Pérez; foi presidente do Partido e administrador de El Radical (1931). Foi nomeado secretario xeral do Partido Radical de Ourense o 8 de xaneiro de 1933.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Brunet Berta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Zarpa, 15-1-1933, p. 9.
- ↑ El Pueblo Gallego, 11-1-1933, p. 10.