Póker
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2019.) |
O póker[1], é un xogo de cartas xogado por dúas ou máis persoas, moi común en casinos. É o máis popular dunha clase de xogos nos cales os xogadores coas cartas total ou parcialmente escondidas fan apostas para un monte central, despois do que o resultante das apostas é atribuído ao xogador ou xogadores que posuíran o mellor conxunto de cartas.
Para xogar ao póker, é necesario aprender as regras e procedementos básicos do xogo, os valores das varias combinacións de cartas e as regras sobre as apostas e os seus límites. Algúns coñecementos sobre o equipamento usado para xogar son útiles. Hai tamén moitas variantes do póker, categorizadas libremente como póker fechado (draw poker), póker aberto (stud poker), community card poker e outros. Os xogos máis habituais das primeiras tres categorías son o Five-Cards Draw, seven-card stud e Texas hold'em, respectivamente. Cada un destes tres xogos é un bo punto de partida para aprender outros xogos do mesmo xénero.
O póker é o xogo de azar máis xogado no mundo.
Historia
[editar | editar a fonte]A orixe do póker é moi antiga e está ligada a varios outros xogos que tamén se basean en combinacións de cartas do mesmo valor e que presentan un sistema de apostas moi semellante ao do póker actual. A versión máis antiga do póker chamábase "As-nas" e xurdiu en Persia, no século XV.
A palabra póker vén do inglés poker, que se orixina do francés poque, que á súa vez deriva do alemán pochen que significa xogar de farol.
O xogo actual desenvolveuse nos Estados Unidos e tornouse no xogo favorito dos norteamericanos, especialmente dos pioneiros do Oeste. O póker como é coñecido no Brasil, é orixinario da Europa e corresponde a apenas dúas ou tres das máis de cen modalidades practicadas nos Estados Unidos.
Clasificación de xogadas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Póker.