Póstumo
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século III ![]() Galia ![]() |
Morte | 269 (Gregoriano) ![]() Maguncia, Alemaña ![]() |
Causa da morte | homicidio ![]() |
Gobernador romano | |
Cónsul romano | |
Emperador do Imperio Galo | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Período de tempo | Alto Imperio Romano e Baixo Imperio Romano ![]() |
Familia | |
Fillos | Postumus the Younger ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
Marcus Casianus Latinius Postumus foi o primeiro emperador do chamado Imperium Galliarum entre os anos 259 e 268.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Da súa vida sábese pouco, e cóidase que é un galo que foi subindo no exército ata chegar a ser comandante. Cando o emperador Galieno' atopou dificultades na Dacia e na Panonia, nomeou o seu fillo Salonino comandante e césar, xa que o sucesor de Galieno morrera de morte morrida. Pero Salonino, diante dos avances dos alamáns e francos cometeu moitos erros, tanto que as súas propias tropas se lle reviraron. Prodúcese unha sublevación das tropas, e nomean emperador a Póstumo. Este avanza cara a Colonia, toma as súas murallas e mata a Salonino e o seu preceptor Silvano, proclamándose emperador.
Galieno non estaba en condicións en 259 de se opoñer a este nomeamento, e oficialmente declara que Póstumo é o seu comandante nas rexións afectadas ao igual ca Odenato o é no Oriente, xa que dividira o imperio dende o punto de vista militar para unha mellor defensa del.
Pero a realidade e que Póstumo construíu un novo imperio, co seu goberno, coas súas institucións, coa súa moeda etc, e consegue que a Galia, a Xermania, a Britania e a Hispania o acepten coma novo emperador.
Póstumo rexeita os xermanos para alén do río Rin, constrúe novas fortificacións, e mantén unidos uns territorios que Galieno moi dificilmente podería conservar. Mais adiante, no 267, Póstumo e Galieno chegan a un acordo onde se delimitan as áreas de control dos dous, e é entón cando o Imperio, co recoñecemento de Póstumo en Occidente e Odenato no Oriente queda dividido en tres partes.
No 268, rebélase o gobernador da Baixa Xermania, Leliano. As tropas de Póstumo afogan esta rebelión e poñen sitio e toman a cidade de Maguncia. Póstumo impide o saqueo da vila, así que resultan asasinados tanto el coma o seu fillo Póstumo II, a quen nomeara césar e augusto. Leliano morre nesta acción e as tropas nomean a Marco Aurelio Mario.
Mario tamén morre aos poucos días a mans das tropas e o novo emperador do Imperium Galliarum é Victorino, quen fora comandante das tropas de Póstumo.