Saltar ao contido

PCB

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PCBs bifenilo policlorado: 3,3',4,4'-tetrachloro-1,1'-bifenilo
PCB bifenilo policlorado: 2,2',4,4',5,5'-tetracloro-1,1'-bifenilo

Os PCBs (bifenilos policlorados) pertencen ao grupo dos contaminantes persistentes con tendencia a acumularse no tecido adiposo e a concentrarse na cima da cadea trófica.

Quimicamente son compostos orgánicos constituídos por dous aneis benceno que se unen a través dun átomo de carbono de cada un deles (bifenilo) e un diverso número de átomos de cloro que substitúen a átomos de hidróxeno dos bencenos en distintas posicións. Este distinto número de átomos de cloro e as súas posibles posicións fan que o número de posibles PCBs sexa de máis de douscentos.

Son compostos sintéticos que se obteñen de forma illada, como un conxunto de isómeros ou como unha variada mestura. Non son inflamables, teñen unha estabilidade elevada e unha temperatura de ebulición alta. Todo isto xunto coa súa calidade de ser illantes eléctricos fai que grandes cantidades dos mesmos se empreguen na refrixeración de transformadores e condensadores eléctricos.

Reciben tamén uso, mesturados con polímeros, como plastificantes. Ademais, aplícanse como fluídos hidraúlicos e como tinturas. A combustión de lixo libera PCBs.