Saltar ao contido

PLCE1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PDB 2bye
Identificadores
Símbolo PLCE1
Símbolos alt. NPHS3, PLCE, PPLC, fosfolipase C épsilon 1
Entrez 51196
PDB 2BYE
RefSeq NP_001159451
UniProt Q9P212
Outros datos
Locus Cr. 10 10q23.33(94.03 – 94.33 Mb)

A PLCE1 ou 1-fosfatidilinositol-4,5-bisfosfato fosfodiesterase épsilon-1, tamén chamada fosfoinosítido fosfolipase C épsilon 1 (EC 3.1.4.11), é un encima que nos humanos está codificado no xene PLCE1 do cromosoma 10.[1][2][3]

Cataliza a reacción:[4]

1-fosfatidil-1D-mio-inositol 4,5-bisfosfato + H2O 1D-mio-inositol-1,4,5-trisfosfato + diacilglicerol

Está localizada na membrana do aparato de Golgi. Exprésase amplamente nos diferentes tecidos do corpo humano. É un isocima do encima fosfoinosítido fosfolipase C. A isoforma 1 está ausente nos leucocitos do sangue periférico (mentres que a isoforma 2 se expresa só na placenta, pulmóns e bazo). A PLCE1 sobrexprésase durante os ataques cardíacos.[5]

Os defectos en PLCE1 son causa da síndrome nefrótica tipo 3 (NPHS3), que consiste nun mal funcionamento da filtración glomerular renal que provoca proteinuria, hipoalbuminemia e edema.[5]

A PLCE1 pertence á familia das fosfolipases, as cales catalizan a hidrólise de polifosfoinosítidos como o fosfatidilinositol-4,5-bisfosfato (PtdIns(4,5)P2) para xerar os segundos mensaxeiros Ins(1,4,5)P3 e diacilglicerol. Estes produtos inician unha fervenza de respostas intracelulares que ten como resultado o crecemento celular e diferenciación e expresión xénica.[3]

Tamén regula as GTPases pequenas da superfamilia RAS a través da actividade do factor de intercambio RAS-guanina que posúe. Como efector da proteína G pequena heterotrimérica, pode desempeñar un papel na supervivencia celular, crecemento celular, organización da actina e activación das células T.[5]

Características

[editar | editar a fonte]

Contén os seguintes dominios:[5]

Utiliza como cofactor o calcio. É activada polas subunidades GNA12, GNA13 e GNB1 a GNG2 da proteína G heterotrimérica. É activada por HRAS, RAP1A, RHOA, RHOB, RHOC, RRAS e RRAS2. Así mesmo é activada polos receptores acoplados á proteína G(s) ADRB2, PTGER1 e CHRM3 por medio da formación de AMP cíclico e RAP2B. É inhibida polos receptores acoplados á proteína G(i). Interacciona con IQGAP1 e RAP2A.[5]

  1. Lopez I, Mak EC, Ding J, Hamm HE, Lomasney JW (May 2001). "A novel bifunctional phospholipase c that is regulated by Galpha 12 and stimulates the Ras/mitogen-activated protein kinase pathway". J Biol Chem 276 (4): 2758–65. PMID 11022047. doi:10.1074/jbc.M008119200. 
  2. Song C, Hu CD, Masago M, Kariyai K, Yamawaki-Kataoka Y, Shibatohge M, Wu D, Satoh T, Kataoka T (May 2001). "Regulation of a novel human phospholipase C, PLCepsilon, through membrane targeting by Ras". J Biol Chem 276 (4): 2752–7. PMID 11022048. doi:10.1074/jbc.M008324200. 
  3. 3,0 3,1 "Entrez Gene: PLCE1 phospholipase C, epsilon 1". 
  4. "ENZYME entry: EC 3.1.4.11". Consultado o 23 de outubro de 2011. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 "1-phosphatidylinositol-4,5-bisphosphate phosphodiesterase epsilon-1". Consultado o 23 de outubro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]