Partido Nazonalista Republicán de Ourense
Aparencia
(Redirección desde «PNRO»)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2018.) |
Partido Nazonalista Republicán de Ourense | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 1931 |
Disolución | 1931 (Integración no Partido Galeguista) |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Galeguismo Nacionalismo galego Republicanismo |
O Partido Nazonalista Republicán de Ourense foi un partido republicano federal de tendencia galeguista.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundouse en 1931 para concorrer ás eleccións a Cortes Constituíntes de 1931, coaligado coa Federación Republicana Gallega e o Partido Radical-Socialista. Ramón Otero Pedrayo saíu elixido deputado con 35 443 votos, quedando primeiro na cidade de Ourense, pero Risco con 19 615 votos queda fóra das Cortes.
Entre os seus membros estaban Vicente Risco, Florentino López Cuevillas e Xaquín Lorenzo e o seu vicepresidente era Arturo López Trasancos. Contaba con 24 agrupacións locais, a máis numerosa a de Ourense tiña 70 afiliados.
Foi un dos partidos que participou na creación do Partido Galeguista en decembro de 1931.