POPACS
Aparencia
POPACS, acrónimo de Polar Orbiting Passive Atmospheric Calibration Sphere, foi o nome dunha misión da para estudar a densidade da atmosfera superior.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]POPACS estaba formado por tres esferas de diferentes densidades que viaxaron ao espazo nunha estrutura formada por un cubesat de 3U da que foron liberadas para poder ser seguidas mediante radar e poder medir a taxa de freado causado pola atmosfera superior, do que se deduce a densidade dos restos da atmosfera a esas alturas. As esferas tiñan masas de 1, 1,5 e 2,0 kg e foron lanzadas a bordo dun Falcon 9 o 29 de setembro de 2013. Esperase que permanezan en órbita 10, 12,5 e 15 anos respectivamente desde o momento do lanzamento.[1][2]