Pablo Antas Pereiro
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 15 de outubro de 1990 (34 anos) Monterroso, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Pablo Antas Pereiro, nado en Monterroso o 15 de outubro de 1990, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu club actual é o Compostela.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xogou na SD Monterroso nas categorías cadete e xuvenil, ata que se incorporou ao Club Deportivo Lugo, no que xogou o seu terceiro ano de xuvenil, para militar logo no primeiro equipo en segunda B, co que debutou da man de Quique Setién na tempada 2010-11.[1] Nas dúas seguintes tempadas xogou no Ordes e no Cerceda e en 2013 recalou na UD Somozas, con Michel Alonso de adestrador. Con este equipo participou do histórico ascenso á Segunda B na tempada 2013-14 tras ser campión de Terceira,[2] marcando ademais 6 goles, catro deles na fase de ascenso e anotando dous goles na eliminatoria decisiva fronte ao Tenerife B.[3][1] Xogou no Somozas catro tempadas e a continuación pasou polo Bergantiños e o Rápido de Bouzas, este último de Segunda B.
En xullo de 2019 foi fichado pola SD Compostela, da Terceira División.[1] Despois de que a pandemia por coronavirus paralizase a competición o Compostela foi declarado campión ao ocupar neses momentos a primeira praza, polo que xogou a fase de ascenso.[4] Pablo Antas anotou o gol decisivo na final disputada en Balaídos fronte ao Ourense CF, dándolle o ascenso ao club santiagués catro anos despois.[5]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Lugo
- Segunda División B (1): 2010/11.
- Somozas
- Terceira División (1): 2013/14.
- Bergantiños
- Terceira División (1): 2017/18.
- Compostela
- Terceira División (1): 2019/20.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "El Compos consigue fichar a Pablo Antas para la próxima temporada" (en castelán). 9 de xullo de 2019. Consultado o 29 de xullo de 2020.[Ligazón morta]
- ↑ "El Somozas asciende a la Segunda B". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xullo de 2020. Consultado o 29 de xullo de 2020.
- ↑ "El Somozas da la puntilla en Tenerife". Faro de Vigo (en castelán). 16 de xuño de 2014. Consultado o 29 de xullo de 2020.
- ↑ "Así se resuelve la competición 2019/2020 en Tercera División". RFEF (en castelán). 25 de maio de 2020. Consultado o 29 de xullo de 2020.
- ↑ Calvo, Naso (26 de xullo de 2020). "El Compostela ya está en Segunda B". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de xullo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador na páxina do CD Lugo
- Datos do xogador en bdfutbol.com (en castelán)
- Datos do xogador en resultados-futbol.com Arquivado 13 de setembro de 2010 en Wayback Machine. (en castelán)
- Ficha do xogador en lapreferente.com (en castelán)