Pablo Jesús Rodríguez Méndez
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 7 de xuño de 1975 ![]() Viveiro, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,74 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Pablo Jesús Rodríguez Méndez, nado en Viveiro o 7 de xuño de 1975, é un exfutbolista galego, que xogaba de defensa e centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse nas categorías inferiores do Viveiro, e na tempada 1992/93 fichou polo Fabril, da Terceira División. Tras dúas tempadas no filial do Deportivo da Coruña regresou a Viveiro para a tempada 1994/95.[1] Xogou dúas tempadas e media co club da Mariña na Terceira División, actuando como defensa, e en xuño de 1997 fichou polo Lugo, da Segunda B.[2]
Titular indiscutible no equipo de Edrosa, adiantou a súa posición ao centro do campo, e disputou 66 partidos en dúas tempadas, marcando 9 goles. En xuño de 1999 fichou polo Racing de Ferrol, tamén de Segunda B.[3] Na súa primeira tempada no club, con José Ramón Arteche no banco, logrou o ascenso á Segunda División, contribuíndo ademais con 9 goles. Xogou as seguintes tres tempadas na categoría de prata, con Luis César como adestrador, ata que o equipo descendeu na 2002/03. Militou un total de cinco tempadas no club ferrolán, exercendo como capitán nas dúas últimas, disputando 120 partidos e marcando 21 goles. Deixou o equipo despois de conseguir un novo ascenso a Segunda na tempada 2003/04.
Comezou a tempada 2004/05 no Girona, pasando no mercado invernal ao Leganés, disputando 17 partidos entre os dous equipos en Segunda B. Na seguinte tempada, tras uns meses sen equipo, adestrándose en solitario en Viveiro e rexeitando unha oferta do Górnik Łęczna da Ekstraklasa, regresou ao Lugo, desta vez na Terceira División.[4] Conseguiu ascender esa mesma tempada, e xogou dúas máis en Segunda B ata 2008.
Tras un breve paso polo Atlético Baleares, fichou no verán de 2009 polo Compostela, co que non chegou a debutar en partido oficial, deixando o club un mes despois para asinar co CD As Pontes, de Preferente.[5] Ao remate da tempada 2009/10 colgou as botas e converteuse no novo director deportivo do club pontés.[6]
Durante os seguintes anos pasou polos apartados técnicos do Xerez, Valencia e Villarreal.[7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Regresar al equipo de casa es algo muy bonito», dice Pablo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Mariña ed.). 22 de xullo de 1994. p. 48.
- ↑ "Pablo llega a Lugo con la ilusión de seguir ascendiendo". La Voz de Galicia (en castelán) (Lugo ed.). 1 de xullo de 1997. p. 60.
- ↑ "El vivariense Pablo, primer refuerzo para el 2000". La Voz de Galicia (Ferrol ed.). 25 de xuño de 1999. p. 56.
- ↑ "El Lugo presenta a Pablo como fichaje para aspirar a todo". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 25 de xaneiro de 2006. p. 23.
- ↑ "El ex racinguista Pablo Rodríguez Méndez ficha por el As Pontes". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 4 de setembro de 2009. p. 32.
- ↑ "El viveirense Pablo Rodríguez cuelga las botas y se convierte en director deportivo del As Pontes" (en castelán). 3 de xuño de 2010. Consultado o 10 de decembro de 2021.
- ↑ "El despacho-trampolín azulino" (en castelán). 13 de xuño de 2012. Consultado o 10 de decembro de 2021.
- ↑ Yáñez, Pablo (2 de xullo de 2021). ""Cuando te llama un técnico del prestigio de Unai Emery tienes poco que pensar"". El Progreso (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Pablo Rodríguez". Historias racinguistas (en castelán). 11 de xaneiro de 2009.
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Futbolistas de Viveiro
- Nados en Viveiro
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Deportivo Fabril
- Xogadores do Viveiro CF
- Xogadores do CD Lugo
- Xogadores do Racing de Ferrol
- Xogadores do Girona FC
- Xogadores do CD Leganés
- Xogadores do CD Atlético Baleares
- Xogadores da SD Compostela
- Nados en 1975
- Xogadores do CD As Pontes
- Directores deportivos de fútbol de Galicia