Pablo Noguerol Sierra
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Pablo Noguerol Sierra foi un xornalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fundador do Comité de Afeizoados de Caza e Pesca. Dirixiu o periódico Juventud de Chantada.[1] Foi encargado do Depósito Municipal de Chantada.[2] Foi presidente da Juventud Republicana de Chantada e directivo do Partido Republicano Radical. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 15 de decembro de 1937, sen procesamento xudicial. Saíu en liberdade o 30 de decembro. No franquismo foi xefe comarcal de Estatística e Colocación de Chantada.[3]