Pablo Rodríguez Delgado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de agosto de 2001 (23 anos) As Palmas de Gran Canaria, España |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Posición de xogo | Dianteiro |
Número deportivo | 99 |
Pablo Rodríguez Delgado, nado nas Palmas o 4 de agosto de 2001, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Racing de Santander, da Segunda División, cedido polo Lecce.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol no Valsequillo, antes de ingresar na canteira da UD Las Palmas en 2011. Despois de cinco anos no club amarelo, en 2016 incorporouse ás categorías inferiores do Real Madrid.
En agosto de 2019 debutou co Real Madrid Castilla na Segunda División B, substituíndo a Juanmi Latasa nun partido contra o Las Rozas. Disputou 11 partidos co filial branco ás ordes de Raúl, sumando dous goles.
En 2020 asinou polo Lecce, da Serie B de Italia. A súa estrea no fútbol italiano produciuse nun encontro ante LR Vicenza Virtus, no que substituíu na segunda parte a Mariusz Stępiński, marcando o gol da vitoria por 2-1.[1] Militou dous anos no club pugliese, sumando 51 encontros e 8 goles, e na súa segunda campaña conseguiu o ascenso á Serie A.
En xaneiro de 2023 saíu cedido ao Brescia en busca de mais minutos,[2] e en agosto volveu ser cedido desta vez ao Ascoli, tamén da Serie B.[3]
Para a tempada 2024/25 regresou a España, como cedido ao Racing de Santander, da Segunda División.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lecce - Vicenza". soccerway.com (en inglés). Consultado o 5 de novembro de 2024.
- ↑ "Pablo Rodríguez è un nuovo calciatore del Brescia" (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2024.
- ↑ "Calciomercato: colpo in attacco, Pablo Rodriguez è bianconero." (en italiano). https://bresciacalcio.it/pablo-rodriguez-e-un-nuovo-calciatore-del-brescia/. Consultado o 5 de novembro de 2024.
- ↑ "Acuerdo entre el Racing y la Unione Sportiva Lecce para la cesión de Pablo Rodríguez hasta el 30 de junio de 2025" (en castelán). 2 de agosto de 2024. Consultado o 5 de novembro de 2024.