Pablo Und Destruktion
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de febreiro de 1984 (40 anos) Xixón, España |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Pablo Und Destruktion é o proxecto en solitario do músico asturiano Pablo García Díaz (Xixón, 20 de febreiro de 1984), cantautor cun estilo propio a medio camiño entre o folk, a psicodelia, o blues e a tonada.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ten cinco discos editados, Animal con Parachoques (2012), Sangrín (Discos Humeantes, 2014), Vigorexia Emocional (2015), Canciones para Antes de una Guerra (2016) e Predación (2017). Nos seus directos ás veces toca en solitario, coa súa guitarra, pedais de loop, delay e outros aparellos electrónicos, e ás veces toca acompañado doutros músicos.[1]
Levou a cabo proxectos musicais con Fee Reega e Nacho Vegas, entre outros artistas. En paralelo ao proxecto musical, baixo o pseudónimo de Pablo und Destruktion publicou a novela La bestia colmena (2018)[2].
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- Animal con Parachoques (2012)
- Sangrín (2014)
- Vigorexia Emocional (2015)
- Predación (2017)
En directo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Iván Marcos (Maio 2015). "Pablo Und Destruktion". Mondosonoro (en castelán) (228): 23.
- ↑ "La Bestia Colmena". Hurtado y Ortega (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pablo Und Destruktion |