Padal brando
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b1/Amigdalas_diag-1-.jpg/220px-Amigdalas_diag-1-.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2e/Blausen_0872_UpperRespiratorySystem.png/220px-Blausen_0872_UpperRespiratorySystem.png)
O padal brando (tamén chamado veo do padal ou padal muscular) é, nos mamíferos, o tecido brando que constitúe a parte posterior do teito da boca. O padal brando, a diferenza do padal duro da parte anterior da boca, non contén óso.
Estrutura
[editar | editar a fonte]Músculos
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c7/Gray1028.png/220px-Gray1028.png)
Os cinco músculos do padal brando desempeñan importrantes papeis nos procesos de tragar e respirar. Ditos músculos son:
- Tensor do veo palatino, que intervén en tragar
- Palatogloso, implicado en tragar
- Palatofarínxeo, implicado en respirar
- Elevador do veo palatino, implicado en tragar
- Músculo da úvula, que move a úvula.
Estes músculos están innervados polo plexo farínxeo do nervio vago, coa excepción do tensor do veo palatino. O tensor do veo palatino está innervado pola rama V3 do nervio cranial 5 (que é a división mandibular do nervio cranial trixémino).[1]
Función
[editar | editar a fonte]O padal brando é móbil, consta de fibras musculares envoltas en membrana mucosa. É responsable do peche das vías nasais durante o acto de tragar, e tamén de pechar as vías respiratorias. Durante o espirro, protexe as vías nasais ao desviar unha porción da substancia excretada á boca.
Nos humanos, a úvula colga do extremo final do padal brando. A úvula foi implicada no proceso de roncar, pero isto podería deberse a outros factores. Tocar a úvula ou o final do padal brando causa un forte reflexo de náuseas na maioría da xente.
Fala
[editar | editar a fonte]Un son da fala feito cando a parte media da lingua (dorso) toca o padal brando coñécese como consoante velar.
O padal brando pódese retraer e elevarse durante a fala para separar a cavidade oral (boca) da cavidade nasal para producir os sons da fala oral. Se esta separación é incompleta, o aire escapa a través das fosas nasais, causando que o son sexa percibido como nasal.
Modelaxe
[editar | editar a fonte]Dentro da microestrutura do padal brando están incluídas varias fibras musculares orientadas variablemente que crean unha superficie non uniforme cunha densidade de distribución non uniforme. O tecido é viscoelástico, non linear e anisotrópico na dirección das fibras. Os valores de módulo de Young van de 585 Pa na beira libre superior do padal brando a 1409 Pa onde o padal brando se une á maxila.[2] Estas propiedades son útiles cando se fai a cuantificación dos efectos de certos aparellos ortopédicos correctores, como a placa de Hotz en labios leporinos.
As análises cuantitativas realizadas en casos de padal fendido bilateral e unilateral serviron para comprender mellor as diferenzas xeométricas no padal fendido no curso do seu desenvolvemento e corrección.[3] Malia a dificultade de descubrir puntos significativos comparables entre os padais normais e os fendidos, por métodos analíticos conseguiuse estimar as diferenzas en grao de curvatura da crista alveolar, área superficial bidimensional e tridimensional e pendente da crista alveolar.
A análise de elementos finitos demostrou unha modelaxe efectiva da extensión do padal brando e movemento. Foi tamén unha ferramenta efectiva para avaliar os efecos craniofaciais dos aparellos ortopédicos correctores e o labio leporino.
Importancia clínica
[editar | editar a fonte]Doenzas
[editar | editar a fonte]A patoloxía do padal inclúe lesións da mucosa como o pénfigo vulgar, herpanxina e estomatite migratoria,[4] así como condicións musclares como o padal fendido conxénito e a úvula fendida.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/ba/Streptococcal_pharyngitis.jpg/220px-Streptococcal_pharyngitis.jpg)
As petequias do padal brando están asociadas principalmente coa farinxite estreptocócica,[5] e son pouco comúns pero moi específicas.[6][7]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Padal brando sen amígdalas palatinas (despois dunha amigdalectomía)
-
Sección saxital das fosas nasais, boca, farinxe e larinxe.
-
Cavidade bucal. As meixelas foron cortadas transversalmente e a lingua empuxada cara adiante.
-
Parede lateral da cavidade nasal. O padal brando é visible na parte inferior dereita)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Drake, Richard L.; Vogl, Wayne; Tibbitts, Adam W.M. Mitchell; illustrations by Richard; Richardson, Paul (2005). Gray's anatomy for students. Philadelphia: Elsevier/Churchill Livingstone. p. 1000. ISBN 978-0-8089-2306-0.
- ↑ Birch, M. J.; Srodon, P. D. (2009). "Biomechanical Properties of the Human Soft Palate". The Cleft Palate-Craniofacial Journal 46 (3): 268–74. PMID 19642755. doi:10.1597/08-012.1.
- ↑ Berkowitz, S; Krischer, J; Pruzansky, S (1974). "Quantitative analysis of cleft palate casts. A geometric study". The Cleft palate journal 11: 134–61. PMID 4524356.
- ↑ Zadik, Yehuda; Drucker, Scott; Pallmon, Sarit (2011). "Migratory stomatitis (ectopic geographic tongue) on the floor of the mouth". Journal of the American Academy of Dermatology 65 (2): 459–60. PMID 21763590. doi:10.1016/j.jaad.2010.04.016.
- ↑ Fact Sheet: Tonsillitis Arquivado 06 de abril de 2014 en Wayback Machine. da American Academy of Otolaryngology. "Updated 1/11". Retrieved November 2011
- ↑ Brook, I; Dohar, J. E. (2006). "Management of group a beta-hemolytic streptococcal pharyngotonsillitis in children". The Journal of family practice 55 (12): S1–11; quiz S12. PMID 17137534.
- ↑ Page 134 in: Michael Glick; Greenberg, Martin Harry; Burket, Lester W. (2003). Burket's oral medicine: diagnosis & treatment. Hamilton, Ont: BC Decker. ISBN 1-55009-186-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Padal brando |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Imaxe en WebMD
- SUNYAnatomyFigsArquivado 19 de maio de 2017 en Wayback Machine. - "Diagrama das rexións da cavidade oral."