Saltar ao contido

Padioleiro, padioleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Padioleiros británicos na evacuación de Dunquerque da segunda guerra mundial.

Un padioleiro ou padioleira[1] é unha persoa encargada de transportar a enfermos ou feridos utilizando unha padiola,[2][3] xeralmente, con outra persoa no outro extremo. O seu labor é esencial en situacións de emerxencia, como accidentes graves, desastres naturais ou conflitos bélicos;[4] onde se require trasladar ás vítimas de maneira rápida e segura cara a instalacións médicas ou zonas de menor perigo.

Funcións e formación

[editar | editar a fonte]

Os padioleiros desempeñan un papel crucial na atención inicial de pacientes que necesitan asistencia médica urxente. En contextos civís, o seu labor pode limitarse ao traslado dentro de hospitais ou ambulancias; con todo, en situacións de guerra, o seu rol adquire unha dimensión máis complexa. Os padioleiros militares, tamén coñecidos en contextos modernos como médicos de combate; reciben formación básica en primeiros auxilios e, nalgúns casos, adestramento avanzado para estabilizar aos feridos no campo de batalla para o seu posterior traslado.[5]

Tamén son responsables de retirar aos falecidos do campo de batalla para a súa repatriación, tarefa que non só require coñecementos técnicos, senón tamén aptitudes físicas, xa que adoitan operar en zonas de alto risco.[6]

A preparación dos padioleiros inclúe o manexo de técnicas de inmobilización e traslado seguro, coñecementos básicos en primeiros auxilios e coordinación en equipo para transportar feridos ou falecidos en condicións adversas.

Dereito internacional

[editar | editar a fonte]

Segundo o artigo 25 do Primeiro Convenio de Xenebra de 1949, os padioleiros son considerados persoal sanitario auxiliar, gozando de protección especial baixo o dereito internacional humanitario na procura, recollida, asistencia e transporte dos feridos ou enfermos.[7] Esta categoría outórgalles protección fronte a ataques mentres desempeñan as súas funcións humanitarias ou en caso de ser capturados.

  1. "Digalego". Xunta de Galicia. Consultado o 28-01-2025. 
  2. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2025-01-28. 
  3. "Padioleiro". Dicionário Priberam da Língua Portuguesa (en portugués). Consultado o 2025-01-29. 
  4. "Stretcher-Bearers". University of Kansas Medical Center (en inglés). Military Medical Operations. Consultado o 2025-01-28. 
  5. RAE, ASALE. "Camillero, camillera". «Diccionario de la lengua española» - Edición del Tricentenario (en castelán). Consultado o 2025-01-28. 
  6. Fisher, Barry A. J.; Fisher, David R. (2003-09-25). Techniques of Crime Scene Investigation (en inglés). CRC Press. p. 143. ISBN 978-1-4200-5819-2. 
  7. "Convenio (I) para aliviar la suerte que corren los heridos y los enfermos de las fuerzas armadas en campaña". Databases ICRC (en castelán). 12 de agosto de 1949. Artículo 25 - Protección del personal auxiliar. Consultado o 2025-01-28. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]