Saltar ao contido

Paisaxe sonora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha paisaxe sonora defínese como un ambiente acústico ou un ambiente creado polo son. Na súa concepción orixinal referíase ao ambiente acústico natural: os sons das forzas da natureza, os animais e os seres humanos. Deste xeito construía R. Murray Schafer o concepto de Soundscape.

Elementos

[editar | editar a fonte]

Segundo R. Murray Schafer son varios os elementos dunha Paisaxe Sonora:

1) Sons principais

Este é un termo musical que identifica a nota principal dun son, non sempre audible (de forma consciente). Aínda que esta nota non se oia intúese, vólvese a ela. Os sons principais contornean o carácter da xente que vive no lugar en que se escoita (Schafer). Son creados pola natureza (xeografía e clima): vento, auga, bosques, vales, paxaros, insectos, animais. En moitas áreas urbanas, o tráfico converteuse no son principal.

2) Sinais sonoros

Estes son os sons que están en primeiro plano, que se escoitan conscientemente. Exemplo: dispositivos de alarmas, campás, chifres, sirenas etc.

3) Marcas sonoras

Unha marca sonora é un son que é único nunha área xeográfica. Contribúe á identificación dun lugar e forma parte do imaxinario sonoro común dos habitantes dese lugar. Unha vez que se identificou unha Marca Sonora, merece ser protexida, porque as Marcas Sonoras fan única a vida acústica dunha comunidade (Schafer).

Paisaxe sonora e creación musical

[editar | editar a fonte]

As Paisaxes Sonoras combináronse tradicionalmente coas composicións musicais. Actualmente as gravacións de campo son elementos habituais nas creacións sonoras; unha porcentaxe moi elevada de obras actuais inclúen, dun xeito ou doutro, gravacións naturais moi procesadas.

Fai unhas décadas entendíase que unha obra con Paisaxes Sonoras era unha composición musical electroacústica que crea un retrato dos sons dun ambiente concreto. Dous exemplos de compositores que utilizaron Paisaxes Sonoras na historia da música, combinados con sons sintéticos, son: Barry Truax e Luc Ferrari, deste último é a obra Presque rien, numéro 1 (1970), a primeira composición con paisaxes sonoras da historia oficial da música. (Roads 2001, p. 312)

Certos autores empezaron a empregar o termo "paisaxe sonora" como sinónimo de imaxe sonora, o que desvirtúa o concepto por completo. Este é o caso de Trevor Wishart [1], quen na súa obra Símbolos e paisaxes sonoras (1986), define unha paisaxe sonora como a fonte imaxinaria dos sons percibidos. É dicir, como a recreación dunha paisaxe real, co que está definindo, algo similar o que se entende por imaxe sonora (que tamén pode ser a recreación dunha contorna sonora irreal).

Na actualidade o concepto de Paisaxe Sonora excedeu as fronteiras da terminoloxía de composición musical para integrarse no acervo común da linguaxe falada.

Paisaxe sonora en Galiza

[editar | editar a fonte]
  • Escoitar.org. Paisaxe Sonora de Galiza [2]
  • Xesús Valle. Acción Sonora co medio, Paisaxista Sonoro [3]
  • Artesonoro.org. Cluster de Arte Sonora coordinado dende Galiza [4]
  • Mediateletipos.net. Axencia de novas relacionadas co son [5]

Literatura sobre paisaxes sonoras

[editar | editar a fonte]

Lecturas adicionais

[editar | editar a fonte]
  • Tones and noises: three kinds of soundscape, one music [6]
  • World Soundscape Project [7]
  • The Acoustic Technology Institute [8]
  • Camera-Based Soundscapes for the Blind [9]
  • Acoustic Environments in Change [10]Arquivado 17 de xullo de 2006 en Wayback Machine.
  • links at Quiet American [11]

Sons e outros

[editar | editar a fonte]
  • Quiet American field recordings [12]
  • Earthear.com largest selection of albums for sale [13] Arquivado 13 de agosto de 2005 en Wayback Machine.
  • Wildsanctuary.com albums for sale [14]
  • F7 Sound and Vision Unique field recordings and soundscapes on CD [15]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]