Saltar ao contido

Paixón de gabiáns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Paixón de gabiáns

Editar o valor en Wikidata
FormatoDrama, romance, comedia
Creado porJulio Jiménez
Desenvolvido por
Dirixido por
  • Rodrigo Triana
  • Sergio Osorio
  • Camilo Vega
Intérpretes
Tema de apertura"Fiera Inquieta" (por Ángela María Forero)
País de orixe Colombia
Lingua(s)Castelán
Temporadas2
Episodios259
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
  • Hugo León Ferrer
  • Marcos Santana
  • Karen Barroeta
  • Harold Sánchez
  • Clara María Ochoa
  • Ana Piñeres
Localización(s)Boyacá
Duración42-45 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixe
Primeiro episodio21 de outubro de 2003
Derradeiro episodio31 de maio de 2022
Na rede
IMDB: tt0387763 Facebook: Pasión de Gavilanes Twitter: PasionGavilanes Instagram: pasiondegavilanes Netlix: 80047032 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Paixón de gabiáns (en castelán: Pasión de gavilanes), é unha telenovela colombiana escrita por Julio Jiménez. É unha produción de RTI Colombia xunto coas canles de televisión Telemundo e Caracol TV.[1][2] Baséase na telenovela de 1994 Las aguas mansas, tamén escrita por Jiménez e producida por RTI. Emitiuse orixinalmente en Telemundo o 21 de outubro de 2003, mentres que en Colombia se emitiu en Caracol TV. O 12 de maio de 2022 Telemundo anunciou unha segunda tempada ambientada 20 anos despois dos eventos da serie orixinal.[3][4]

En Galiza a súa emisión non foi ata o 11 de abril de 2005,[5] aínda que houbo de reemitirse a partir do 18 de xullo na mesma canle: TVG. Conta cun total de 188 episodios de 45 minutos aproximadamente. A telenovela combina o drama, a comedia e mailo romance. Ten como protagonistas a Danna García e mais a Mario Cimarro, e de antagonista a Lorena Meritano, entre outros. A novela acadou un grande éxito tanto no seu país de orixe, como en Galiza onde chegou a superar un 30% de share de audiencia.[5]

Despois de atravesa-la fronteira e abandona-lo seu país, os irmáns Reyes Guerrero: Juan, Óscar, Franco e Libia, instálanse nunha pequena e axitada cidade, onde abren unha panadaría, que axudaos a se sosteren. Libia, a máis nova, namórase de Bernardo Elizondo, un home maior, que á súa vez tolea por ela. Os dous viven un secreto e tórrido romance que é descuberto polos irmáns Reyes.

Indignados, tentan separalos, porén a situación complícase cando Libia confesa estar embarazada, o que fai rematen a acepta-la unión de Libia e mais Bernardo, noentento, este oculta estar casado.

Bernardo está disposto renunciar á súa familia composta por Gabriela Acevedo, a súa esposa, e tres fillas: Norma, Jimena e mais Sariña, os cales viven nunha facenda ós arredores da cidade, para se dedicar ren máis que a Libia, cando a morte sorprendeo nun inesperado accidente.

Ó se decatar do falecemento de Bernardo e descubrir que é casado, Libia remata coa súa vida, tirándose dunha ponte. Os irmáns Reyes sepúltana e xuran vinga-la súa morte co propósito de destruír aquela familia. As circunstancias lévanos a ser confundido cuns traballadores que deben construír unha cabana na facenda.

O profundo odio comeza a se disipar cando os Reyes coñecen ás fillas dos Elizondo, e aquela facenda convértese nun campo de batalla, onde se enfrontan o amor e os feroces sentimentos de vinganza e carraxe.

  1. "Qué fue de los actores de 'Pasión de Gavilanes'" (en castelán). Periódico Qué. 30 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2015. Consultado o 24 de marzo de 2015. 
  2. Triana Alonso. "PASIÓN DE GAVILANES: ¿QUÉ FUE DE MICHEL BROWN, JUAN ALFONSO BAPTISTA Y MARIO CIMARRO?" (en castelán). ellookdelasfamosas.es. Arquivado dende o orixinal o 6 de xaneiro de 2018. Consultado o 24 de marzo de 2015. 
  3. Pedersen, Erik (12 de maio de 2021). "Telemundo Announces 2021-22 Programming Lineup". Deadline Hollywood. Consultado o 12 de maio de 2021. 
  4. González, Moisés (12 de maio de 2021). "¡Habrá Pasión de gavilanes 2! Telemundo confirma el regreso de su exitosa telenovela". People en Español (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2021. 
  5. 5,0 5,1 http://www.formulatv.com/1,20050704,1225,1.html