Pak Doo-ik
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 17 de marzo de 1943 (81 anos) Pyongyang, Corea do Norte | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 171 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Carreira militar | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Rango militar | Sarxento | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Corea do Norte | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista e dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xullo de 1966 | Mundial de Fútbol Inglaterra 1966 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pak Doo-Ik (en coreano: 박두익), nado en Pyongyang o 17 de decembro de 1943, é un exfutbolista norcoreano.
Carreira
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección de Corea do Norte, e representou a esta no Mundial de 1966 en Inglaterra, marcando o gol contra Italia en Ayresome Park, que lle deu ao equipo norcoreano o histórico pase aos cuartos de final, sendo a primeira vez que o conseguía un equipo que non fose nin europeo nin iberoamericano. Disputou tamén o partido de cuartos contra Portugal, no que o seu equipo comezou gañando 3-0, ata que Eusébio anotou catro goles para darlle a volta ao marcador, pechando a remontada José Augusto cun quinto gol.[1]
En 2002 apareceu no documental The Game of Their Lives, do cineasta británico Daniel Gordon, no que se contaba a historia da selección norcoreana no Mundial de 1966.[2]
Despois da vitoria, Pak, que era cabo do exército norcoreano, foi ascendido a sarxento. Pouco despois deixou o exército e o fútbol e converteuse en profesor de ximnasia.
Durante o paso do facho olímpico por Pyongyang en 2008, foi o primeiro en transportar o facho.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Portugal - Corea do Norte 1966". FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2021. Consultado o 3 de maio de 2021.
- ↑ "Pak Doo Ik takes the spotlight once more" (en inglés). 16 de outubro de 2002. Consultado o 3 de maio de 2021.
- ↑ "Pyongyang Torch Relay Passes Without Hitch" (en inglés). 29 de abril de 2008. Consultado o 3 de maio de 2021.