Palacio Episcopal de Astorga
Tipo | palacio episcopal monumento | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Camiño de Santiago Francés na provincia de León | |||
Localización | ||||
División administrativa | Astorga, España | |||
| ||||
Características | ||||
Monumentos do patrimonio histórico de España | ||||
Data | 24 de xullo de 1969 | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | ? | |||
Identificador | 1709 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1889 | |||
Ocupante | Museo de los Caminos (en) | |||
Actividade | ||||
Uso | edifício de museu (pt) | |||
Propietario | Diocese de Astorga | |||
Sitio web | palaciodegaudi.es | |||
O Palacio Episcopal de Astorga é un edificio proxectado polo arquitecto modernista Antoni Gaudí. Está situado na cidade de Astorga, na provincia de León. A súa construción levouse a cabo entre 1889 e 1915.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Esta obra pertence ao período neogótico de Gaudí (1888-1898), etapa en que o arquitecto se inspirou sobre todo na arte gótica medieval, o cal asume de forma libre, persoal, tentando mellorar as súas solucións estruturais. O neogótico foi naquela época un dos estilos historicistas de maior éxito, sobre todo por mor dos estudos teóricos de Viollet-le-Duc. Gaudí estudou con profundidade o gótico catalán, balear e rosellonés, así como o leonés e o castelán nas súas estancias en León e Burgos, chegando ao convencemento de que era un estilo imperfecto, a medio resolver. Nas súas obras elimina a necesidade de contrafortes mediante o emprego de superficies regradas, e suprime cresterías e calados excesivos.
Desde 1962 o palacio alberga o Museo dos Camiños, dedicado ao Camiño de Santiago. O edificio foi catalogado como Ben de Interese Cultural o 24 de xullo de 1969.
É unha das tres únicas obras de Gaudí fóra de Cataluña, xunto á Casa Botines de León e El Capricho de Comillas (Cantabria).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista xeral
-
Vista da capela
-
Estatua
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palacio Episcopal de Astorga |