Palacio de Sanssouci
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bb/Potsdam_-_Schloss_Sanssouci.jpg/220px-Potsdam_-_Schloss_Sanssouci.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Mittelbau_Sanssouci.jpg/220px-Mittelbau_Sanssouci.jpg)
O palacio de Sanssouci (Schloss Sanssouci en alemán) é o antigo palacio de verán do rei de Prusia Frederico o Grande. Está situado en Brandeburgo, preto da cidade de Potsdam, a 26 km ao suroeste de Berlín. Colócase con frecuencia a Sanssouci entre os principais rivais do palacio de Versalles, a pesar de que Sanssouci foi realizado nun estilo rococó máis intimista e é máis pequeno que o pazo francés.
O pazo de Frederico é famoso polos numerosos templetes e por outras extravagancias do parque de Sanssouci, que arrodean o edificio.
Realizado por Georg Wenzeslaus von Knobelsdorff entre 1745 e 1747, Sanssouci respondía á necesidade que tiña Frederico dunha residencia privada onde descansar, lonxe das solemnidades da corte berlinesa.