Palau Nacional
Palau Nacional | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | pavillón ![]() | |||
Parte de | Exposición Internacional de Barcelona de 1929 ![]() | |||
Estilo | arquitectura ecléctica ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Barcelonès | |||
Concello | Barcelona | |||
Distrito | Sants-Montjuïc | |||
Montaña | Montjuïc ![]() | |||
Enderezo | Mirador del Palau Nacional, 6-10 / Av. dels Montanyans, 33-45 ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1926 ![]() | |||
Dimensións | ||||
Superficie | 45.000 m² ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Arquitecto/a | Enric Catà (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Ocupante | Museo Nacional de Arte de Cataluña ![]() | |||
Dedicado a | España ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben Cultural de Interese Nacional | ||||
Data | 1 de marzo de 1962 | |||
Codi BCIN | 4160-MH ![]() | |||
Codi BIC | RI-51-0001316 ![]() | |||
Id. IPAC | 40158 ![]() | |||
Id. Barcelona | 1771 ![]() | |||
| ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 1 de marzo de 1962 | |||
Identificador | RI-51-0001316 | |||
[ Wikidata ] |
O Palau Nacional (en galego "Pazo Nacional"), situado en Montjuïc, Barcelona, é un palacio construído entre 1926 e 1929 para a Exposición Internacional de Barcelona de 1929 e que dende 1934 aloxa o Museo Nacional de Arte de Cataluña.[1] Foi o edificio principal da Exposición, obra de Eugenio Cendoya e Enric Catà, baixo a supervisión de Pere Domènech i Roura, sendo descartado o proxecto inicial de Puig i Cadafalch e Guillem Busquets.[1] No Saló Oval efectuouse a cerimonia de inauguración da Exposición, presidida por Afonso XIII e a raíña Vitoria Uxía.[1]
Ten unha superficie de 32 000 m². De estilo clásico inspirado no Renacemento español, ten unha planta rectangular con dous corpos laterais e un posterior cadrado, cunha gran cúpula elíptica na parte central. As fervenzas e fontes da escalinata do Palau foron obra de Carles Buïgas, e colocáronse grandes proxectores que aínda hoxe se acenden para emitir luz que escribe o nome da cidade no ceo.[1]

O Palau Nacional abeira unha grande exposición de arte española, con máis de 5 000 obras procedentes de todo o territorio do Estado. Na súa decoración –de estilo novecentista, contrariamente ó clasicismo da obra arquitectónica–, interviñeron diversos artistas, como os escultores Enric Casanovas, Josep Dunyach, Frederic Marès e Josep Llimona, e os pintores Francesc d'Assís Galí, Josep de Togores, Manuel Humbert, Josep Obiols, Joan Colom e Francesc Labarta.
Entre 1996 e 2004, o palau padeceu unha ampliación a cargo de Gae Aulenti, Enric Steegman, Josep Benedito e Agustí Obiol, co obxectivo de crear espazos para poder acoller todas as obras da colección.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palau Nacional ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Rehabilitación do Palau Nacional Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en catalán)
- Visita virtual do edificio (en catalán)