Pavelló Olímpic de Badalona
Pavelló Olímpic de Badalona | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 41°26′33″N 2°13′56″L / 41.442414, 2.232144 |
Localización | Badalona, Cataluña |
Outros nomes | Palau Municipal d'Esports |
Construción | |
Inauguración | 17 de setembro de 1991 |
Arquitecto | Esteve Bonell e Francesc Rius |
Custo | 35 millóns de € |
Estadio | |
Superficie | 26.000 m² |
Capacidade | 12.500 espectadores |
Propietario | Ajuntament de Badalona |
Localía | Club Joventut de Badalona (ACB) |
Eventos | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Pavelló Olímpic de Badalona (do catalán: Pavillón Olímpico de Badalona), coñecido tamén como Palau Municipal d'Esports de Badalona (do catalán: Pazo Municipal dos Deportes de Badalona) é unha instalación deportiva de Badalona (Cataluña) adicada especialmente á disputa de partidos de baloncesto. Foi a instalación nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, onde se realizou a competición de baloncesto, e actualmente é o recinto onde disputa os seus partidos como local o Club Joventut de Badalona. Foi obra dos arquitectos Esteve Bonell e Francesc Rius, que gañaron en 1992 o Premio de Arquitectura Contemporánea Mies van der Rohe polo recinto.
Estrutura
[editar | editar a fonte]O Pavillón consta de catro niveis. O nivel inferior corresponde á pista central de xogo, pistas interiores de adestramento, vestiarios, salas de prensa e almacéns. En nivel inmediatamente superior está destinado a oficinas onde se desenvolven traballos comerciais e de administración. O nivel principal é o destinado ao aceso ás bancadas e ten un amplo pasadizo que circunda o recinto, distribuídos por este pasadizo sitúanse diversas areas de servizos e bares. Desde o mesmo pasadizo é por onde se accede á parte superior das bancadas.
Ten unha capacidade para 12.500 persoas. Tamén serviu para aloxar grandes concertos musicais, nos que o aforamento se ampliou implantando bancadas provisionais na área de xogo.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi inaugurado en 1991 baixo deseño dos arquitectos Esteve Bonell e Francesc Rius con motivo da celebración do torneo de baloncesto dos XXV Xogos Olímpicos, porque foi a sede durante toda a competición de baloncesto durante os Xogos Olímpicos de Barcelona 1992. O pavillón acolleu ao Dream Team, a selección norteamericana considerada como o mellor equipo da historia, con nomes como Michael Jordan, Magic Johnson, Charles Barkley ou Larry Bird. Desde a tempada 91/92, o pavillón tamén acolle os partidos do primeiro equipo do Club Joventut de Badalona da Liga ACB. É unha das mellores instalacións de baloncesto de Europa, polo que popularmente é coñecido como a Catedral do Baloncesto. Tamén é escenario de numerosos concertos e actos multitudinarios. En 1997 foi unha das sedes do XXX Campionato Europeo de Baloncesto Masculino.