Caimán almiscreiro común
Caimán almiscreiro común | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Paleosuchus palpebrosus' (Cuvier, 1807) | |||||||||||||||||
Distribución xeográfica do caimán almiscreiro
|
O caimán almiscreiro común[2] (Paleosuchus palpebrosus), é unha especie de pequeno caimán[3] suramericano presente en varios países: Bolivia, Brasil, Colombia, Ecuador, Güiana, Paraguai, Perú, Suriname e Venezuela. É unha das especies da orde Crocodilia menos ameazada, cuxas poboacións mantéñense estábeis.
Etimoloxía e nome
[editar | editar a fonte]O seu nome científico deullo o zoólogo francés Frédéric Cuvier en 1807. O nome xenérico Paleosuchus vén do grego palaios 'antigo' e soukhos 'crocodilo'. Isto fai referencia á crenza de que este crocodiliano procedía dunha antiga liñaxe que diverxeu das outras especies de caimáns hai uns 30 millóns de anos. O nome específico palpebrosus deriva do latín palpebra 'pálpebra' coa terminación latina osus 'provisto de', e fai referencia á placas óseas que posúe sobre as pálpebras superiores.[4] O nome común de caimán anano de Cuvier que se lle dá nalgúns idiomas deriva do seu pequeno tamaño e do autor que o describiu.
Descrición e hábitat
[editar | editar a fonte]Os machos alcanzan 1,6 metros de longura na idade adulta e as femias 1,2 metros. Son a especie de crocodilos máis pequena do mundo. Este tipo de caimán mostra en xeral preferencia por cursos de auga con corrente e sobre todo por aqueles onde a vexetación ofrece sombra. Nestes lugares as femias constrúen os seus niños, fabricados con follas secas. A posta usual consta de 5 a 9 ovos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Crocodile Specialist Group. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000, p. 720
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caimán.
- ↑ Britton, Adam (2009-01-01). "Paleosuchus palpebrosus (Cuvier, 1807)". Crocodilian species list. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2018. Consultado o 2013-11-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caimán almiscreiro común |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jiménez, M. (1 de xaneiro de 2009): El caimán enano Paleosuchus palpebrosus. Extraído o 8 de abril de 2011 de http://www.damisela.com/zoo/rep/cocodrilos/enano/index.htm