Palio (dosel)
Suxeriuse que "Palio de autoridades" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Chámase palio,[1] ou baldaquino,[2] a un dosel (especie de toldo) que, sostido por varais, utilízase nas procesións para resgardar ao sacerdote que leva ao Santísimo Sacramento, reliquias ou imaxes. Adoita estar bordado ricamente.
Para o mesmo efecto usábano tamén os reis, o papa e outros prelados en certas funcións e na súa entrada pública nas cidades. É costume que o arcebispo arquidiocesano e o bispo diocesano, ao tomaren posesión das súas catedrais, fagan o seu primeiro ingreso solemne baixo palio.
O palio, tal como se coñece na Igrexa católica, é un pano rectangular, sostido por catro ou máis varais, sempre en número par, que van unidas aos lados máis longos daquel. Distínguense o sinxelo e o armado nun bastidor rectangular.
Orixe
[editar | editar a fonte]A orixe do palio puido ser o dosel que quizais debeu gorecer antes o trono dos reis e a cadeira papal.
Non falta quen crea que ese modo de expresión dun respecto relixioso ten a súa orixe nos pobos asiáticos, polo seguinte:
- Estes acostumaban colocar ás súas divindades baixo palios, a falta de templos, que a súa vida errante non lles permitía ter, até que construíron casas e cidades.
- A forma primitiva do palio é a tenda, cuxo recordo tardou moito tempo en desaparecer, pois o hombre opulento rodeou de cortinas seu leito.
Recorda en certo modo a tenda na que repousaba a Arca da Alianza, que contiña as Táboas da Lei durante o éxodo do pobo de Israel no deserto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ palio, 3ª acep. no Dicionario da RAG.
- ↑ baldaquino no Dicionario da RAG.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palio |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Diccionario Enciclopédico Hispano-Americano de Literatura, Ciencias y Artes. Tomo décimocuarto. Barcelona: Montaner y Simón Editores, 1894.