Paloma Lago
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Paloma María Pérez-Lago Gómez ![]() 22 de maio de 1967 ![]() Ferrol, España ![]() |
Residencia | cabo Prior ![]() |
Grupo étnico | Raça Mediterrânea (pt) ![]() ![]() |
Altura | 1,75 m ![]() |
Cor dos ollos | Amber (en) ![]() ![]() |
Cor do pelo | Castanho-claro (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | modelo, presentadora de televisión ![]() |
Período de actividade | 1985 ![]() |
Empregador | Corporación de Radio e Televisión de Galicia (2021–) RTVE (1997, 2006, 2016–2002, 2006, 2017) Atresmedia (1993, 2010–1993, 2010) Mediaset España (1990–1992) ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Paloma Lago, nada en Ferrol o 22 de maio de 1967, é unha modelo e presentadora de televisión galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1985 trasládase a vivir a Madrid, onde estuda deseño e moda, e cedo atopa a posibilidade de traballar como modelo, da man da Axencia International Booking. En 1990 debuta como presentadora de televisión no programa Tele 5 ¿dígame? (1990-1992), primeiro con Laura Valenzuela e Javier Basilio e na súa derradeira tempada con Andrés Aberasturi. Ese mesmo ano aparece tamén no programa Tutti Frutti, da mesma cadea.
En 1993 conduce o concurso Los cinco sentidos, en Antena 3, con dirección de Julia Otero e catro anos máis tarde Risas y estrellas (1997-1999) en TVE con Pedro Rollán na primeira tempada e máis tarde con José Luis Moreno e Loreto Valverde.
Entre 1999 e 2002 convértese en presentadora de programas infantís, cando Televisión Española lle encarga porse á fronte do espazo TPH Club. En 2000 faise cargo tamén de Eurocanción, programa deseñado para elixir os participantes españois no Festival de Eurovisión.
En 2000, 2001 e 2002 encargouse de presentar o espazo de Nadal de TVE Telepasión xunto a Carlos Lozano. Ao termo deses anos compartiu plano xunto a Ramón García nas badaladas de Noitevella. En 2004 presentou o espazo musical El verano ya llegó, xunto a Miguel Ángel Tobías.
Tamén fixo as súas incursións na interpretación, na serie Compuesta y sin novio (1994), con Lina Morgan e no filme Cuernos de mujer (1995), de Enrique Urbizu, con María Barranco.
En 2006 participou como concursante no programa de monólogos El Club de Flo, en La Sexta.