Palpígrados
Palpígrados Palpigradi Rango fósil: cretáceo tardío – actualidade | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Eukoenenia spelaea | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Familias e Xéneros | |||||||||||
|
A dos palpígrados (Palpigradi) é unha pequena orde de arácnidos depredadores que comprende unhas 80 especies.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Son de tamaño diminuto (non miden máis de 3 mm) e áchanse en todo o mundo, excepto nas zonas polares.[2]
Parecen esquizómidos en miniatura porque, como eles, teñen o opistosoma terminado nun longo flaxelo multiarticulado.
A súa cutícula é moi fina, teñen os quelíceros formados por tres artellos acabados en quelas (pinzas) e os pedipalpos son similares a patas. Carecen de ollos, aparato respiratorio e tubos de Malpighi, e os aparatos circulatorio e reprodutor están moi simplificados.
Os palpígrados son endoxeos (solo) ou hipoxeos (covas), hábitats onde encontran a humidade que requiren. Aliméntanse de pequenos habitantes do solo, como colémbolos e ácaros.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A orde foi descrita en 1888 polo aracnólogo sueco Tord Tamerlan Teodor Thorell na súa obra:
- Thorell, Tord T. T. (1888): "Pedipalpi e Scorpioni dell'Arcipelago Malese conservati nel Museo Civico di Storia Naturale di Genova". Annali del Museo Civico di Storia Naturale di Genova 26, ser. 2, (6): 327–428.[3]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Palpigradi está formado polos elementos do latín científico palp-, derivado do latín palpus, 'palpo' (derivado do verbo palpare, 'palpar', 'tocar') e -gradi, do plural de gradus, 'paso', 'marcha', unbidos cun -i- epentético para facilitar a pronuncia.[4]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Segundo J. Hallad (2005) e o ITIS a orde comprende unha superfamilia con dúas familias, cun total de seis xéneros:[5][6]
- Orde Palpigradi Thorell, 1900
- Superfamilia Eukoenenioidea Petrunkevitch, 1955 [7]
- Familia Eukoeneniidae Petrunkevitch, 1955 [8]
- Xénero Allokoenenia Silvestri, 1913
- Xénero Eukoenenia Börner, 1901
- Xénero Koeneniodes Silvestri, 1913
- Xénero Leptokoenenia Condé, 1965
- Familia Prokoeneniidae Condé, 1996 [9]
- Xénero Prokoenenia Börner, 1901
- Xénero Triadokoenenia Condé, 1991
- Familia Eukoeneniidae Petrunkevitch, 1955 [8]
- Superfamilia Eukoenenioidea Petrunkevitch, 1955 [7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Chapman, A. D. (2007): Numbers of Living Species in Australia and the World. Invertebrates. A Report for the Department of the Environment and Heritage. Australian Biodiversity Information Services, Toowoomba, Australia. ISBN (online) 978 0 642 56850 2". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2009. Consultado o 28 de marzo de 2017.
- ↑ Peter Ax (2000). "Palpigradi – Holotracheata". Multicellular animals. The phylogenetic system of the Metazoa. Volume II. Springer. pp. 120–121. ISBN 978-3-540-67406-1.
- ↑ GBIF.
- ↑ Palpigradi no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ Hallan, J. (2005): "Synopsis of the Described Palpigradi of the World". En: Hallan, J. (ed.) Biology Catalog. Ler en liña en: Palpigradi Arquivado 13 de agosto de 2014 en Wayback Machine. Consultada o 28-03-2017.
- ↑ Palpigradi Thorell, 1888 no ITIS.
- ↑ Eukoenenioidea Petrunkevitch, 1955 no ITIS.
- ↑ Eukoeneniidae Petrunkevitch, 1955 no ITIS.
- ↑ Prokoeneniidae Condé, 1996] no ITIS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palpígrados |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Palpígrados |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Roth, V. D. & Brown, W. L. (1976): "Other intertidal air breathing arthropods" en: Cheng, L. Marine Insects. North-Holland Publishing, Amsterdam - Oxford; American Elesevier Publishing, Nova York. Ler en liña en: Marine Insects, Lanna Cheg, ed.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Palpigradi no WoRMS.
- Palpigradi Thorell, 1888 no ITIS.
- Palpigradi Arquivado 29 de marzo de 2017 en Wayback Machine. en Fauna Europaea.
- Palpigradi na EOL.
- Palpigradi no NCBI.