Pita (pan)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5f/Pita_topped_with_artichoke_hummus_and_lamb.jpg/220px-Pita_topped_with_artichoke_hummus_and_lamb.jpg)
O pita é unha peza de pan mol, tradicional da cociña árabe, de forma plana e arredondada, magra e oca polo seu interior, que adoita reencherse de ingredientes diversos[1]. Áchase levemente levedado e adoita facerse de fariña triga. Consómese no Mediterráneo oriental, especialmente no Oriente Próximo. Ocasionalmente cócese nas paredes do forno, lembrando ás codias da pizza.
O pita turco, pide, case sempre leva por riba sementes de sésamo ou de Nigella e non é "oco" como moitos pans planos, senón que ten miolo.
Etimoloxicamente, o nome pita deriva da palabra grega moderna πίτα, usada para designar pastel ou pan.
Nas vodas búlgaras entrégase aos noivos, acompañado de mel e sal, e cunha serie de rituais que significan igualdade e a dozura da vida de casados.
Ingredientes[editar | editar a fonte]
Os ingredientes son fariña triga, auga, sal, fermento e aceite.
Preparación[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/70/PikiWiki_Israel_30304_Events_in_Israel.jpg/220px-PikiWiki_Israel_30304_Events_in_Israel.jpg)
A maioría de pitas enfórnanse a altas temperaturas (232 °C), facendo que a masa en forma de círculos aplanados inche de xeito espectacular. Cando se tiran do forno, as camadas de masa enfornada fican separadas dentro de pita desinflada, o que permite que o pan se abra para formar un peto. Con todo, a pita ás veces cócese sen "petos" e chámase "pita sen peto".
Existe a pita para microondas, que se prepara humedecéndoa e quecéndoa 30 segundos no microondas ou torrador.
Uso culinario[editar | editar a fonte]
A pita pódese usar para servir mollos como hummus e taramosalata, za'atar e aceite; para envolver kebabs, gyros ou faláfel ou en forma de sándwichs e burritos; tamén con ovos e moitos outros guisados como calquera outro pan. Tamén se pode cortar e enfornar a xeito de chips crocantes de pita.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/38/Pita_felafel.jpg/220px-Pita_felafel.jpg)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c8/Classic_Turkish_pide.jpg/220px-Classic_Turkish_pide.jpg)