Taco (alimento)
Taco | |
Tacos cos mollos | |
Orixe | México |
Ingredientes | |
Orixe animal | Carne Queixo |
Orixe vexetal | Tortilla de fariña Verduras |
O taco é unha preparación típica mexicana, que consiste nunha tortilla (xeralmente de millo aínda que no norte de México empréganse tamén as de fariña triga) dobrada á metade e reenchida de diversos ingredientes[1].
Os tacos adoitan conter algún aderezo dentro da tortilla que pode ser desde unha simple empoada de sal, un taco con sal, até as preparacións máis complexas como os tacos al pastor ou as flautas que son tacos fritidos.[2] Os tacos desta clase adoitan ir acompañados dalgún mollo. Así mesmo, existen os tacos de salsa, é dicir, tortillas untadas dalgunha das preparacións picantes que se ofrecen para adubar os alimentos. O taco, como calquera outra manifestación de cultura culinaria de México, está directamente asociado aos ingredientes utilizados en cada rexión xeográfica do país.
Na actualidade os tacos estendéronse mundialmente como un tipo de comida rápida. Os tacos que elaboran cadeas transnacionais de comida rápida, moitas delas con base nos Estados Unidos, corresponden á variante texana da comida mexicana, tamén coñecida como Tex-Mex.
Historia
[editar | editar a fonte]En realidade non se pode determinar con exactitude en que data este foi inventado pero crese que o prato ten a súa orixe no México prehispánico. Unha das teorías é que este existiu debido a que os homes traballaban todo o día no campo, así que as mulleres inventaron este alimento xa que era doado de transportar e de consumir.
Unha teoría sobre a posible orixe da palabra taco é o termo 'tlahco' do idioma náhuatl, que significa 'metade' ou 'no medio', no sentido que o alimento se coloca no medio da torta de millo. A palabra en náhuatl para referirse á torta de millo (invento indíxena precolombiano) é 'tlaxcalli'.
Segundo certos investigadores, a primeira taquiza (comida colectiva que consiste en comer tacos) da que se ten coñecemento, foi documentada por Bernal Díaz del Castillo na súa crónica, "Historia Verdadera de la Conquista de la Nueva España", e foi realizada por Hernán Cortés en Coyoacán para os seus capitáns.[3][4]
O nacemento do taco provén das tortas con molli prehispánicas, que eran preparadas sobre pedras quentes e decoradas con cochinilla, algunhas delas acompañadas de feixóns e chile, ingredientes que aínda constitúen a base alimenticia do pobo mexicano. O guiso que se lle puña daquela ao taco, baseábase na carne que se consumía durante esa época.
A comida mexicana baseábase no guajolote (como se chama ao pavo no Centro de México), xa que era a única ave domesticada. Tamén había cans sen pelo (xoloitzcuintle) que se cebaban para o consumo. A súa carne era menos estimada ca a do guajolote.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
- ↑ "Taco con sal".
- ↑ Adriana Durán (21 de agosto de 2012). "Un antojito muy mexicano". El Universal (en español). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 22 de xaneiro de 2013.
- ↑ El Universal (31 de xullo de 2011). "La historia del taco: antecedentes, usos y costumbres". Periódico Zócalo (en español). Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 22 de xaneiro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "La Historia de la comida mexicana" (en español). Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2012. "La Historia de la comida mexicana" (en español). Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2012.
- Martha Chapa (2008), Martha Chapa (2008). Los Tacos de México (en español). Aguilar. ISBN 978-9705803932., Aguilar, Martha Chapa (2008). Los Tacos de México (en español). Aguilar. ISBN 978-9705803932. Martha Chapa (2008). Los Tacos de México (en español). Aguilar. ISBN 978-9705803932.
- Paulina Monroy de Sada. Introducción a la historia de la gastronomía (en español). Limusa., Paulina Monroy de Sada. Introducción a la historia de la gastronomía (en español). Limusa., Limusa
- Déborah Holtz, Juan Carlos Mena (2012), A tacopedia: enciclopedia do taco, Trilce Edicións, Déborah Holtz, Juan Carlos Mena (2012). La tacopedia: enciclopedia del taco (en español). Trilce Ediciones. ISBN 9786077663355. Déborah Holtz, Juan Carlos Mena (2012). La tacopedia: enciclopedia del taco (en español). Trilce Ediciones. ISBN 9786077663355.