Pancho Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de decembro de 1957 Rianxo, España |
Morte | 24 de novembro de 2010 (52 anos) |
Actividade | |
Ocupación | director teatral |
Andrés Martínez García, coñecido como Pancho Martínez, nado en Rianxo o 30 de decembro de 1957 e finado na mesma vila o 24 de novembro de 2010, foi un actor, director de teatro e dramaturgo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como estudante de bacharelato en Padrón coñeceu o profesor e poeta Bernardino Graña. De volta en Rianxo comezou a traballar no teatro afeccionado. Posteriormente traballou como actor de dobraxe e iniciouse como actor para cinema co filme Urxa.
A partir da década dos noventa, alternou as súas interpretacións en series de televisión co seu labor en obras de teatro, tanto como actor e autor coma como director. Tamén colaborou con distintos medios de comunicación, como El Correo Gallego ou a Radio Galega.
Principais papeis
[editar | editar a fonte]Televisión
[editar | editar a fonte]- Brigada Central (un episodio en 1989)
- El Comisario (Telecinco, tres episodios en 2002[1]).
- Rías Baixas
- Terra de Miranda
- Gondar (un episodio en 2009).
Teatro
[editar | editar a fonte]- O mozo que chegou de lonxe (Centro Dramático Galego, dirixida por Mario Gas).
- Xelmírez ou a gloria de Compostela (Centro Dramático Galego, dirixida por Roberto Vidal Bolaño).
Obras
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha persoal, IMDb
- ↑ Un apaixonado da escena Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., Galicia Hoxe, 25/11/2010
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Rexentaba ademais un coñecido restaurante en Rianxo, chamado Don Pancho.