Pancho Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1884 ![]() Lourido, España ![]() |
Morte | 3 de setembro de 1911 ![]() Salvaterra, España ![]() |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo ![]() |
Outros nomes | Pancho ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista ![]() |
Francisco Rodríguez Gacía, coñecido como Pancho Rodríguez, nado en Lourido (Salvaterra de Miño) en 1884 e finado no mesmo concello o 3 de setembro de 1911, foi un agrarista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrante retornado da Arxentina. Dono dunha tenda de ultramarinos en Lourido. Foi o fundador da Sociedad Agraria de Lourido, unha das primeiras agrarias da comarca do Condado. Foi presidente da Unión Campesina de Fornelos. O 2 de setembro de 1911 o secretario do Concello de Salvaterra de Miño, José Ramón Alonso Álvarez e os seus tres fillos (Germán, Manuel e José), dispararon sobre el e faleceu ao día seguinte.[1] O seu asasinato foi considerado un crime político polos agraristas.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Na Segunda República puxéronlle o seu nome á rúa onde foi asasinado. Na ditadura franquista as autoridades volveron cambiar o nome da rúa polo que ten actualmente: Ramón y Cajal. O bisneto de Pancho, Nicolás Vigarelli, promove unha campaña para devolverlle o nome á rúa.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Encarnación Rodríguez Andrés e foi pai de Basilisa, Manuel e Jesusa Rodríguez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Diario de Pontevedra, 4-9-1911, p. 2.
- ↑ El Tea, 9-9-1911, p. 2-3.
- ↑ Las firmas para recuperar la memoria (y la calle) de Pancho Rodríguez
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- El crimen de Salvatierra. Los Comités Auxiliares de las Sociedades Agrícolas de Puenteareas y Montevideo, al país. Vigo: La Popular. 1914. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 30 de xuño de 2014.