Saltar ao contido

Panhard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panhard
Logo da compañía

Editar o valor en Wikidata
Fundación1887 - 2018
LocalizaciónParís, Francia
FundadorRené Panhard, Émile Levassor
IndustriaAutomóbil
ProdutosAutomóbil
Na rede
http://www.panhard-defense.fr
editar datos en Wikidata ]
Panhard et Levassor (1887–1895). Este modelo foi o primeiro automóbil matriculado en Portugal
Panhard et Levassor's
Daimler Motor Carriage, 1894
12 h.p. Panhard, ca. 1902
1933 Panhard et Levassor X74
1937 Panhard et Levassor Dynamic
1955 DB Panhard HBR
1960 Panhard DB Le Mans
1964 Panhard 24CT

Panhard foi un fabricante francés de vehículos de motor que comezou como un dos primeiros fabricantes de automóbiles. Era un fabricante de vehículos lixeiros tácticos e militares. A súa última encarnación, agora propiedade de Renault Trucks Defense, formouse pola adquisición de Panhard por Auverland en 2005, e logo por Renault en 2012. En 2018, Renault Trucks Defense, ACMAT e Panhard combináronse baixo unha única marca Arquus.

Panhard chamábase orixinalmente Panhard et Levassor, e creouse como unha empresa de fabricación de automóbiles por René Panhard, Émile Levassor e o avogado belga Edouard Sarazin en 1887.[1]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Panhard et Levassor vendeu o seu primeiro automóbil en 1890, baseado nunha licenza de motor Daimler. Levassor obtivo a súa licenza do avogado de París Edouard Sarazin, amigo e representante dos intereses de Gottlieb Daimler en Francia. Despois da morte de Sarazin en 1887, Daimler encargou á viúva de Sarazin, Louise, que continuase coa axencia do seu defunto marido. A licenza Panhard et Levassor foi finalizada por Louise, quen casou con Levassor en 1890.[2] Daimler e Levassor fixéronse amigos e compartiron melloras entre eles.

Estes primeiros vehículos establecen moitos estándares modernos, pero cada un foi un deseño único. Usaron un pedal de embrague para operar unha caixa de cambios accionada por cadea. O vehículo tamén presentaba un radiador montado na parte dianteira. A un Panhard et Levassor de 1895 atribúeselle a primeira transmisión. Para a París–Rouen de 1894, Alfred Vacheron equipou o seu Panhard de 4 hp (3 kW) cun volante, que se cre que foi un dos primeiros empregos deste principio.[3][4]

En 1891, a compañía construíu o seu primeiro deseño totalmente Levassor,[5] un modelo de "última xeración": o Système Panhard constaba de catro rodas, un motor montado na parte dianteira con tracción traseira e unha tosca transmisión de engrenaxes deslizantes, vendido por 3500 francos'.[5] (Seguiría sendo o estándar ata que Cadillac presentou o synchromesh (transmisión sincronizada) en 1928.)[6] O mesmo ano, Panhard et Levassor compartiron a súa licenza de motor Daimler co fabricante de bicicletas Armand Peugeot, que formou a súa propia compañía de automóbiles.

En 1895, uns vehículos de 1205 cc Panhard et Levassor acabaron primeiro e segundo na carreira París–Burdeos–París, un pilotado en solitario por Levassor, durante 48¾ horas.[7] Porén, durante a carreira de París–Marsella–París de 1896, Levassor resultou ferido de morte debido a un accidente mentres trataba de evitar golpear un can, e morreu en París ao ano seguinte. Arthur Krebs sucedeu a Levassor como director xeral en 1897, e ocupou o cargo ata 1916. Converteu a Panhard et Levassor Company nun dos maiores e máis rendibles fabricantes de automóbiles antes da Primeira Guerra Mundial.

Os Panhards gañaron numerosas carreiras de 1895 a 1903. Panhard et Levassor desenvolveron a suspensión Panhard, que chegou a utilizarse tamén en moitos outros tipos de automóbiles.

A partir de 1910, Panhard traballou para desenvolver motores sen válvulas convencionais, utilizando baixo licenza a tecnoloxía de válvulas de manga que patentara o estadounidense Charles Yale Knight. Entre 1910 e 1924 o catálogo de Panhard & Levassor incluía moitos modelos con motores de válvulas convencionais, pero estes ofrecíanse xunto cos coches propulsados ​​por unidades de potencia de válvulas de manga. Tras varias melloras detalladas na tecnoloxía da válvula de manga por parte do propio departamento de enxeñería de Panhard, desde 1924 ata 1940 todos os coches Panhard utilizaron motores de válvula de manga.

Primeira guerra mundial

[editar | editar a fonte]

Baixo a presidencia de Raymond Poincaré, que extendeuse desde 1913 ata 1920, os modelos 18CV e 20CV de Panhard & Levassor foron os coches presidenciais oficiais.

Durante a guerra Panhard, como outros principais produtores de automóbiles, concentrouse na produción bélica, incluíndo un gran número de camións militares, motores de aviación de 12 cilindros en V, compoñentes de canóns e grandes proxectís de 75 e 105 mm de diámetro.[8]

Os militares tamén estaban entusiasmados co motor Panhard 20HP con válvula de manga.[8] O propio xeneral Joffre utilizou frecuentemente dous Panhard Type X35 de 35HP con enormes motores de 4 cilindros e 7.360 cc para o seu transporte persoal e os parisinos veíanos a cotio levando líderes militares entre a primeira liña e o Palacio do Elisio.[8]

Vehículos en servizo

[editar | editar a fonte]

Panhard proporcionou máis de 18.000 vehículos militares de rodas a máis de 50 países cunha gama de vehículos de combate que pesan menos de 10 toneladas, como segue:

  1. Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  2. "Louise and Edouard Sarazin". Daimler: Leaders and Personalities. Arquivado dende o orixinal o 9 de novembro de 2013. Consultado o 9 de novembro de 2013. 
  3. Greathouse, John (2008). "Reinvent The Wheel – A Nonstandard Look at Standards". infoChachkie. Arquivado dende o orixinal o 2010-12-04. Consultado o 2011-01-04. 
  4. Duncan, H.O. (1927). The World on Wheels - Volume I. Paris. pp. 456–457, picture of the Vacheron–Car on p. 457. 
  5. 5,0 5,1 Georgano, p.17.
  6. Georgano, p.49.
  7. >O premio sería para o Peugeot de Koechlin, xa que o Panhard et Levassor tiña só dous asentos, mentres que as regras esixían catro. Georgano, p.20.
  8. 8,0 8,1 8,2 Erro na cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Automobilia1920

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • [1] páxina oficial