Pannexina
Pannexina 1
| |
Identificadores | |
Símbolo | PANX1 |
Entrez | 24145 |
HUGO | 8599 |
OMIM | |
RefSeq | NM_015368 |
UniProt | Q96RD7 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 11 q14-q21 |
Pannexina 2
| |
Identificadores | |
Símbolo | PANX2 |
Entrez | 56666 |
HUGO | 8600 |
OMIM | |
RefSeq | NM_052839 |
UniProt | Q96RD6 |
Outros datos |
Pannexina 3
| |
Identificadores | |
Símbolo | PANX3 |
Entrez | 116337 |
HUGO | 20573 |
OMIM | |
RefSeq | NM_052959 |
UniProt | Q96QZ0 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 11 q24.2 |
As pannexinas (do grego 'παν', pan, "todo", e do latín 'nexus', conexión) son unha familia de proteínas de vertebrados que foron identificadas pola súa homoloxía coas proteínas innexinas de invertebrados.[1] As innexinas son responsables da formación de unións comunicantes en invertebrados, pero as pannexinas atópanse predominantemente formando grandes canais transmembrana que conectan os espazos intracelular e extracelular (non conectan dúas células entre si), e permiten o paso de ións e pequenas moléculas entre estes compartimentos (como o ATP e a sulforrodamina B).
Describíronse tres pannexinas nos cordados: Panx1, Panx2 e Panx3.[2]
Función
[editar | editar a fonte]A pannexina 1 está implicada nas etapas iniciais da inmunidade innata por medio da súa interacción co receptor purinérxico P2X7. A activación do canal da pannexina pola unión de ATP ao receptor P2X7 dá lugar á liberación de interleucina-1β.[3]
Entre os papeis hipotéticos que se cre exercen as pannexinas no sistema nervioso están participar no procesamento sensorial, a sincronización entre o hipocampo e o córtex cerebral, a plasticidade hipocampal, e a propagación de ondas de calcio. As ondas de calcio están sostidas polas células gliais, que axudan a manter e modular o metabolismo neuronal. Segundo unha hipótese, as pannexinas tamén poden participar en reaccións patolóxicas, incluíndo os danos neurais producidos despois dunha isquemia e a subseguinte morte celular.[4]
Os canais de pannexina 1 son vías para a liberación de ATP desde as células.[5]
Relacións coas conexinas
[editar | editar a fonte]As unións comunicantes intercelulares de vertebrados están formadas por proteínas da familia das conexinas.[6] Estruturalmente as pannexinas e as conexinas son moi similares, e constan de 4 dominios transmembrana, 2 bucles extracelulares e 1 bucle intracelular, xunto con colas intracelulares N- e C-terminais. Malia que comparten esta topoloxía, estas dúas familias de proteínas non presentan unha suficiente semellanza de secuencia como para inferir con seguranza que teñen antepasados comúns.
Importancia clínica
[editar | editar a fonte]As pannexinas poden estar implicadas no proceso de desenvolvemento de tumores. Particularmente, os niveis de expresión de PANX2 serven para predicir a supervivencia posdiagnóstico de pacientes de tumores gliais.
O Probenecid é un fármaco ben establecido para o tratamento da gota, que permite discriminar entre os canais formados por conexinas e por pannexinas. O Probenecid non afecta aos canais formados por conexinas.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Panchin Y, Kelmanson I, Matz M, Lukyanov K, Usman N, Lukyanov S (2000). "A ubiquitous family of putative gap junction molecules". Curr. Biol. 10 (13): R473–4. PMID 10898987. doi:10.1016/S0960-9822(00)00576-5.
- ↑ Litvin O, Tiunova A, Connell-Alberts Y, Panchin Y, Baranova A (2006). "What is hidden in the pannexin treasure trove: the sneak peek and the guesswork". J. Cell. Mol. Med. 10 (3): 613–34. PMID 16989724. doi:10.1111/j.1582-4934.2006.tb00424.x.
- ↑ Pelegrin P, Surprenant A (November 2006). "Pannexin-1 mediates large pore formation and interleukin-1β release by the ATP-gated P2X7 receptor". EMBO J. 25 (21): 5071–82. PMC 1630421. PMID 17036048. doi:10.1038/sj.emboj.7601378.
- ↑ Bargiotas P, Krenz A, Hormuzdi SG, Ridder DA, Herb A, Barakat W, Penuela S, von Engelhardt J, Monyer H, Schwaninger M. "Pannexins in ischemia-induced neurodegeneration" Proc Natl Acad Sci U S A. 2011 Dec 20;108(51):20772-7. doi: 10.1073/pnas.1018262108. Epub 2011 Dec 6.PMID 22147915
- ↑ Bao L, Locovei S, Dahl G (August 2004). "Pannexin membrane channels are mechanosensitive conduits for ATP". FEBS Lett. 572 (1-3): 65–8. PMID 15304325. doi:10.1016/j.febslet.2004.07.009.
- ↑ Dahl G, Locovei S (July 2006). "Pannexin: to gap or not to gap, is that a question?". IUBMB Life 58 (7): 409–19. PMID 16801216. doi:10.1080/15216540600794526.
- ↑ Silverman W, Locovei S, Dahl G (September 2008). "Probenecid, a gout remedy, inhibits pannexin 1 channels". Am. J. Physiol., Cell Physiol. 295 (3): C761–7. PMC 2544448. PMID 18596212. doi:10.1152/ajpcell.00227.2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Andrew L Harris and Darren Locke (2009). Connexins, A Guide. New York: Springer. p. 574. ISBN 978-1-934115-46-6.