Saltar ao contido

Leopardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pantera»)
Leopardo
Rango fósil: Plistoceno ata o presente
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Felidae
Subfamilia: Pantherinae
Xénero: Panthera
Especie: P. pardus
Nome binomial
Panthera pardus
(Linnaeus, 1758)
Distribución do leopardo en liberdade:      Presenza histórica.      Presenza dubidosa.      Presenza moi fragmentada.      Presenza verificada.
Distribución do leopardo en liberdade:
     Presenza histórica.
     Presenza dubidosa.
     Presenza moi fragmentada.
     Presenza verificada.

Distribución do leopardo en liberdade:
     Presenza histórica.
     Presenza dubidosa.
     Presenza moi fragmentada.
     Presenza verificada.
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

O leopardo ou pantera (Panthera pardus)[2] é unha especie de mamífero da orde dos carnívoros, familia dos félidos e subfamilia dos panterinos. Coma os outros tres grandes panterinos do xénero Panthera (o león, o tigre e o xaguar), presenta unha modificación no óso hioide que lle permite ruxir. O leopardo é denominado comunmente pantera ou pantera negra cando a súa pelaxe presenta unha cor completamente escura por mor do melanismo. Este fenómeno tamén se da entre os xaguares americanos, coa diferenza de que nos leopardos débese a un alelo recesivo e nos xaguares a un alelo dominante.

Características

[editar | editar a fonte]
Leopardo melánico, ou pantera negra.

Os leopardos habitan todo tipo de hábitats, salvo os desertos, sempre que teñan onde se acochar e alimento abondo. Así, atópanse en selvas, sabanas, lugares rochosos, zonas de cultivos etc. Na antigüidade o leopardo era abondoso en toda África e na metade sur de Asia. Daquela, nalgunhas culturas era considerado un cruzamento entre león e pantera, como se reflicte no seu nome, que se compón das palabras gregas λέων leōn (león) e πάρδος pardos (pantera macho). Actualmente é moito menos frecuente atopalo en Asia, pero segue tendo unha presenza importante na zona central de África.

O leopardo ten a cabeza redonda e a cola longa e fina. As súas patas son potentes, con 4 dedos nas patas de atrás e 5 nas de diante, sendo tódalas súas garras retráctiles. As diversas subespecies presentan tamaños moi variados. Acadan unha lonxitude de 91 a 191 centímetros sen ter en conta a cola, que pode medir de 58 a 110 cm. A altura pode variar entre 45 e 78 centímetros. Os machos adultos chegan a pesar entre 37 e 90 quilogramos, e as femias entre 28 e 60.

A súa alimentación consiste en animais medianos ou pequenos. Na súa dieta inclúense monos, porcos, cervos, chacales, antílopes, aves, gando etc. Adoita gardar parte da súa caza nas árbores para non ter que comer ás presas e que lle rinda varios días. Os leopardos cazan preferentemente pola noite e descansan polo día, ocupando covas ou pólas das árbores, dende as que tamén vixían a presenza de presas ou de ameazas como leóns, hienas ou tigres.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1758 por Linneo no Tomo 1, páxina 41, da 10ª edición do seu Systema Naturae,[3] baixo o nome de Felis pardus.[4]

Sinónimo

[editar | editar a fonte]

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Malia que no pasado houbo máis subespecies, hoxe varias están extinguidas. Na actualidade a maioría dos autores recoñecen as seguintes 8 subespecies:[3][4]

Porén, algúns consideran tamén a:

  1. Stein, A.B.; Athreya, V.; Gerngross, P.; Balme, G.; Henschel, P.; Karanth, U.; Miquelle, D.; Rostro, S.; Kamler, J.F. & Laguardia, A. (2016). "Panthera pardus". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2016: 15954/102421779. doi:10.2305/IUCN.UK.2016-1.RLTS.T15954A50659089.en. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para leopardo.
  3. 3,0 3,1 Panthera pardus Linnaeus, 1758 en MSW.
  4. 4,0 4,1 4,2 Felis pardus Linnaeus, 1758 no GBIF.
  5. Panthera pardus (Linnaeus, 1758) no ITIS.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.