Paraconger
Aparencia
Paraconger | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Paraconger similis | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||
|
Paraconger é un xénero de peixes da orde dos angüiliformes pertencente á familia dos cóngridos, subfamilia dos batimirinos.[2]
Características
[editar | editar a fonte]As principais cartacterísticas das especies do xénero son:[3][4]
- Corpo robusto, alongado, cilíndrico e sen escamas.
- Fociño arredondado.
- Ollos grandes.
- Presenta, en ambos os dous maxilares, unha fileira externa de dentes incisiformes e moi xuntos que forman un fío cortante. Tamén posúe outros dentes cónicos e pequenos.
- Nariz frontal tubular, preto da punta do fociño.
- Aletas pectorais moi ben desenvolvidas.
- As aletas dorsal e anal conflúen coa aleta caudal.
- Non presentan aletas pelvianas.
- Cola máis longa que a cabeza e o resto do corpo.
Distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]As especies deste xénero encóntranse en todos os océanos e mares de clima tropical e temperado cálido do mundo.[3]
Especies
[editar | editar a fonte]Segundo o WoRMS e máis o SIIT, o xénero comprende as seguintes sete especies:[1][5]
- Paraconger californiensis Kanazawa, 1961
- Paraconger caudilimbatus (Poey, 1867)
- Paraconger guianensis Kanazawa, 1961
- Paraconger macrops (Günther, 1870)
- Paraconger notialis Kanazawa, 1961 − Congro da Guinea [6]
- Paraconger ophichthys (Garman, 1899)
- Paraconger similis (Wade, 1946)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Paraconger Kanazawa, 1961 no WoRMS.
- ↑ The Taxonomicon (en inglés)
- ↑ 3,0 3,1 Discover Life (en inglés)
- ↑ Marine Species Identification Portal Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Paraconger Kanazawa, 1961 no SIIT.
- ↑ Lahuerta e Vázquez (2000), p. 103.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2011): Especies de Paraconger en FishBase.