Parada, Ordes
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Parada.
Parada | |
---|---|
Antiga estación de tren de Parada. | |
Concello | Ordes[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°04′05″N 8°26′47″O / 43.06812552, -8.44649107 |
Poboación | 316 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 13[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Mariña de Parada é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Ordes. Segundo o IGE en 2013 tiña 316 habitantes (168 mulleres e 148 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 359 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Igrexa de Santa Mariña de Parada. O frontispicio rematouse en 1862. Nave de planta rectangular, fachada cunha porta alintelada e un van. Espadana con dobre corpo. Ten retablo con esculturas no interior.
- Pazo de Parada.
- Estación de Ordes - A Pontraga, estación xa abandonada empregada como escola obradoiro.
- Castro de Parada.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Parada
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Parada no concello de Ordes (A Coruña) | |
---|---|
A Agrela | A Carballeira | Castenda de Parada | O Castro | Cestaños | A Edreira | A Estación | As Fontenlas | O Pazo | A Ponte Quinín | Rebordelos | O Rego | O Valiño |