Parastacoideos
Parastacoideos Parastacoidea Rango fósil: cretáceo inferior (albiense) - actualidade | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cherax pulcher | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
A dos parastacoideos (Parastacoidea) é unha superfamilia de crustáceos da orde dos decápodos, suborde dos pleociemados e infraorde dos astacideos que foi descrita en 1879 polo biólogo británico Thomas Henry Huxley. A superfamilia conta cunha soa familia, a dos parastácidos.[2]
Un grupo único e diverso
[editar | editar a fonte]Os parastácidos forman un grupo de cangrexos de auga doce propios do hemisferio sur, e constitúe un taxon clásico que se distribuíu polo antigo continente de Gondwana, polo que comprende especies que viven en América do Sur, Madagascar, Australia, Nova Zelandia e Nova Guinea, encontrándose tamén taxons extintos na Antártida.
A maioría das especies actuais son endémicas de Australia e as illas do Pacífico Sur. Así, máis do 85 % das especies coñecidas viven en Australia. Así mesmo, nove dos catorce xéneros recoñecidos actualmente (por algúns autores) dentro da damilia dos parastácidos están restrincidas ao continente australiano e ás illas próximas (incluíndo o sur de Nova Guinea).[3][4]
A fauna de cangrexos de río da Australasia é única e moi diversa, tanto en termos de riqueza de especies como na súa diversidade ecolóxica e morfolóxica.[5]
Por exemplo, esta fauna contén o maior invertebrado coñecido de auga doce (Astacopsis gouldi) e as máis altamente evolucionadas lagostas de terra (como as do xénero Engaeus) que son capaces de completar o seu ciclo de vida independentemente das augas superficiais.[5]
En canto ao número de cangrexos de río, variabilidade morfolóxica e diversidade ecolóxica, esta fauna só é superada pola dos Estados Unidos de América.[5]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Superfamilia Parastacoidea Huxley, 1879
- Familia Parastacidae Huxley, 1879
Xéneros
[editar | editar a fonte]Segundo o World Register of Marine Species:[1]
- Aenigmastacus Feldmann, Schweitzer & Leahy, 2011 †
- Astacoides Guérin-Méneville, 1839
- Astacopsis Huxley, 1879
- Chaeraps Smith, 1912
- Cherax Erichson, 1846
- Engaeus Erichson, 1846
- Engaewa Riek, 1967
- Euastacus Clark, 1936
- Geocharax Clark, 1936
- Geocherax Clark, 1936
- Gramastacus Riek, 1972
- Lammuastacus Aguirre-Urreta, 1992
- Ombrastacoides Hansen & Richardson, 2006
- Palaeoechinastacus Martin, Rich, Poore, Schultz, Austin, Kool & Vickers-Rich, 2008
- Paranephrops White, 1842
- Parastacus Huxley, 1879
- Samastacus Riek, 1971
- Spinastacoides Hansen & Richardson, 2006
- Tenuibrachiurus Riek, 1951
- Virilastacus Hobbs, 1991
Segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica:
- Parastacus Huxley, 1879
- Samastacus Riek, 1971
Segundo BioLib:
- Aenigmastacus Feldmann, Schweitzer & Leahy, 2011 †
- Astacoides Guérin-Méneville, 1839
- Astacopsis Huxley, 1879
- Cherax Erichson, 1846
- Engaeus Erichson, 1846
- Engaewa Riek, 1967
- Euastacus Clark, 1936
- Geocharax E. M. Clark, 1936
- Gramastacus Riek, 1972
- Lammuastacus Aguirre-Urreta, 1992 †
- Ombrastacoides Hansen & Richardson, 2006
- Palaeoechinastacus A. J. Martin, Rich, Poore, Schultz, Austin, Kool & Vickers-Rich, 2008 †
- Paranephrops White, 1842
- Parastacus Huxley, 1879
- Samastacus Riek, 1971
- Spinastacoides Hansen & Richardson, 2006
- Tenuibranchiurus Riek, 1951
- Virilastacus Hobbs, 1991
Distribución
[editar | editar a fonte]Tres xéneros emcóntranse en Chile, Virilastacus, Samastacus e Parastacus, o último dos cales tamén conta con poboacións disxuntas no sur do Brasil e no Uruguai.
Non hai especies da familia na África continental, pero si sete en Madagascar, todas do xénero Astacoides.[7]
Australasia é particularmente rica nestes cangrexos de río. O pequeno xénero Paranephrops é endémico de Nova Zelandia. E dous xéneros, Astacopsis e Parastacoides, son endémicos de Tasmania, mentres que outros dous, Geocharax e Engaeus, encóntranse a ambos os lados do estreito de Bass.
Porén, a maior diversidade encóntrase no continente australiano. Tres xéneros son endémicos e teñen áreas de dispersión restrinxidas (Engaewa, Gramastacus e Tenuibranchiurus), mentres que dous están moito máis estendidos e comprenden, entámbolos dous, máis de cen especies: Euastacus, distribuído ao longo da costa australiana desde Melbourne a Brisbane, e Cherax, de Australia e Nova Guinea.
Rexistro fósil
[editar | editar a fonte]Os máis antigos espécimes da familia dos parastácidos son os de Palaeoechinastacus, fósiles do albiense de Victoria, Australia.[8]
O único representante no hemisferio norte é o fósil Aenigmastacus crandalli, do Canadá.[9]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Paranephrops sp.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Parastacidae Huxley, 1879 no WoRMS.
- ↑ T. H. Huxley (1879). The Crayfish: an Introduction to the Study of Zoology. London: C. Kegan Paul & Co.
- ↑ Hobbs, H. H., Jr. (1988): "Crayfish distribution, adaptive radiation and evolution". En: D. M. Holdich & R. S. Lowery, eds, Freshwater crayfish: biology, management and exploitation. Portland: Timber Press, pp. 52-82.
- ↑ Hobbs, H. H., Jr. (1991): "A new generic assignment for a South American crayfish (Decapoda: Parastacidae) with revised diagnoses of the South American genera and comments on the Parastacid mandible". Proceedings of the Biological Society of Washington 104: 800-811.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Parastacidae Arquivado 27 de novembro de 2016 en Wayback Machine. na EOL.
- ↑ J. W. Fetzner, Jr (2005). "The crayfish and lobster taxonomy browser: a global taxonomic resource for freshwater crayfish and their closest relatives". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 2e de nobembro de 2016.
- ↑ Christopher B. Boyko, Olga Ramilijaona Ravoahangimalala, Désiré Randriamasimanana & Tony Harilala Razafindrazaka. "Astacoides hobbsi, a new crayfish (Crustacea: Decapoda: Parastacidae) from Madagascar" (PDF). Zootaxa 1091: 41–51. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de agosto de 2017. Consultado o 26 de novembro de 2016.
- ↑ Anthony J. Martin, Thomas H. Rich, Gary C. B. Poore, Mark B. Schultz, Christopher M. Austin, Lesley Kool & Patricia Vickers-Rich (2008). "Fossil evidence in Australia for oldest known freshwater crayfish of Gondwana" (PDF). Gondwana Research 14 (3): 287–296. doi:10.1016/j.gr.2008.01.002. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de abril de 2012. Consultado o 26 de novembro de 2016.
- ↑ Rodney A. Feldmann, Carrie E. Schweitzer & John Leahy (2011). "New Eocene crayfish from the McAbee Beds in British Columbia: First record of Parastacoidea in the Northern Hemisphere". Journal of Crustacean Biology 31 (2): 320–331. doi:10.1651/10-3399.1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parastacoideos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Parastacoideos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- De Grave, Sammy; N. Dean Pentcheff & Shane T. Ahyong (2009): A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans Arquivado 06 de xuño de 2011 en Wayback Machine..
- Gilbertson, Lance (1999): Zoology Lab Manual. 4ª ed. Nova York: McGraw Hill Companies. ISBN 0-07-237716-X.
- Huxley, Thomas Henry (1880): The Crayfish: an Introduction to the Study of Zoology. Nova York:D. Appleton & Co.
- Johnson, Sterling K. & Nathan K. Johnson (2008): Texas Crawdads Arquivado 07 de agosto de 2008 en Wayback Machine.. Texas. College Station. ISBN 978-0-9801103-0-2.
- Martin, J. W. & G. E. Davis (2001): An Updated Classification of the Recent Crustacea.
- Walls, Jerry G. (2009): Crawfishes of Louisiana. Baton Rouge: Florida State University Press. ISBN 978-0-8071-3409-2.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Parastacidae Huxley 1879 Arquivado 27 de novembro de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- Parastacidae Huxley, 1879 no WoRMS.
- Parastacidae Huxley, 1879 no ITIS.
- Parastacidae Huxley, 1879 en BioLib.
- Parastacidae na ADW.
- Parastacidae Arquivado 27 de novembro de 2016 en Wayback Machine. na EOL.