Paris Basketball
París Basketball | |
![]() | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Pro A |
Fundación | 12 de xullo de 2018 |
Cores | Branco, negro |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Halle Georges Carpentier |
Capacidade | 5 009 |
parisbasketball.paris |
O Paris Basketball é un equipo de baloncesto profesional francés con sede na cidade de París. Fundado en 2018, por David Kahn e Eric Schwartz, o equipo disputa os seus partidos como local na Halle Georges Carpentier, un pavillón con capacidade para 5 009 espectadores. Desde a temporada 2021−22 o club compite na LNB Pro A, máxima categoría do baloncesto galo.
Historia
[editar | editar a fonte]O club comezou como un proxecto dirixido por David Kahn, antigo director deportivo dos Minnesota Timberwolves da National Basketball Association (NBA), para crear un gran club de baloncesto na cidade de París. A idea materializouse o 12 de xullo de 2018, data na que foi anunciada a creación do club profesional.[1] No acto de presentación os fundadores declararon que a intención do club era a der ser un equipo da Euroliga para 2022. Tamén anunciaron que o futuro pavillón local do equipo sería un recinto en Porte de la Chapelle, construñido para os Xogos Olímpicos de 2024. Mentres tanto, o pavillón do club sería a Halle Georges Carpentier.
O equipo comezou a súa traxectoria directamente na LNB Pro B, a segunda categoría do baloncesto francés, após comprar a licenza do Hyères-Toulon Var Basket.[2] Na temporada 202−21 o club acabou en segunda posición na Pro B por detrás do Fos Provence Basket. A diferenza doutras temporadas, por mor da pandemia de COVID-19, o club non tivo que disputar os playoffs de ascenso, obtendo directamente praza na máxima categoría. NA súa primeira temporada na LNB Pro A, o club acabou un posto por riba do descenso con 13 vitorias, tan śo unha máis das necesarias para acadar a salvación. Con todo, o club é invitado para disputar a EuroCup na temporada 2022−23.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]Adestradores
[editar | editar a fonte]Historial
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa de Francia |
---|---|---|---|---|---|
2018–19 | 2 | Pro B | 11º | 16–18
|
Primeira rolda |
2019–20 | 2 | Pro B | 10º | 11–12
|
Segunda rolda |
2020–21 | 2 | Pro B | 2º | 23–11
|
Primeira rolda |
2021–22 | 1 | Pro A | 15º | 13–21
|
Oitavos de final |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Basket - Pro B : Le projet du Paris Basketball dévoilé". Sport 365 (en francés). 12 de xullo de 2018.
- ↑ "C'est officiel, le HTV sans basket professionnel, Philippe Legname obligé de quitter la fédération". Star Var News (en francés). 6 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2021. Consultado o 02 de agosto de 2022.