Parodia de relixión
Unha parodia de relixión ou relixión paródica é unha parodia dunha relixión, seita, ou calquera outro tipo de culto ou ben dalgún dos seus aspectos. Tamén pode ser unha ficción que adopta as formas das relixións tradicionais, e á cal uns supostos fieis declaran adherirse. Hai exemplos como os da película Life Of Brian dos Monty Python, pero como crítica no segundo sentido exposto, o exemplo actual máis coñecido é o do pastafarismo.
Características
[editar | editar a fonte]Unha parodia de relixión pode selo para moitas relixións, seitas, gurús ou cultos á vez. A aparición de Internet facilitou moito a difusión das parodias de relixión, que en moi poucos casos chegan a teren unha expresión presencial na forma de cerimonias relixiosas, pero que en cambio teñen unha grande actividade virtual.
A intención da creación de parodias de relixión pode ser sinxelamente humorística, pero frecuentemente aparecen como crítica a certos aspectos das relixións establecidas ou ben como a consecuencia doutros problemas sociais. Así, o pastafarismo xorde coa intención de poñer de manifesto as contradicións do autodenominado creacionismo científico.
Exemplos
[editar | editar a fonte]- Relixión Jedi
- Pastafarismo
- Unicornio rosa invisíbel
- Igrexa dos SubGenis
- Igrexa Callinquista
- Sacuyismo, nomeada polos seus seguidores a relixión nai de todas as relixións.
- Igrexa maradoniana, creada polos fans do futbolista Diego Armando Maradona.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Parodia da New Age, Sathya Sai Baba e outros gurús.
- Parodia do cristianismo (en inglés)
- Parodia do cristianismo (en inglés)
- Igrexa maradoniana (en castelán)
- Reacción de Richard Stallman ante os que o acusaban de extremismo (en inglés)
- Església Cal·linquista (en catalán)
- Església Pastafari de Xàtiva (en catalán)