Parque Nacional Natural Tayrona
Tipo | Parque nacional | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Magdalena, Colombia | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 20 m | |||
Superficie | 225 km² | |||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 152 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 24 de abril de 1969 | |||
Sitio web | old.parquesnacionales.gov.co… | |||
O Parque Nacional Natural Tayrona é unha área protexida na rexión colombiana do norte do Caribe, dentro da xurisdición do departamento de Magdalena e a 34 quilómetros da cidade de Santa Marta. O parque presenta unha biodiversidade endémica da área da Serra Nevada de Santa Marta, presentando unha variedade de climas e relevo que varía dende o nivel do mar a 900 metros de altitude. O parque cobre aproximadamente 30 quilómetros cadrados de área marítima no mar do Caribe e aproximadamente 150 quilómetros cadrados de terra.
Xuntamente con outros parques nacionais da Colombia, o Parque Natural Nacional de Tayrona foi declarado parte integrante da rede internacional de Reservas da Biosfera pola UNESCO. Foi o segundo parque nacional máis visitado na Colombia en 2013, con 237.246 visitantes. O parque máis visitado foi o Parque Nacional Natural Islas Corales del Rosario y San Bernardo.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ CASTRO, VANESA. "La historia del hombre que ideó la declaración del Tayrona". eltiempo.com. El Tiempo Casa Editorial. Consultado o 8 de agosto de 2015.