Parque Nacional de Elefantes Addo
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Tipo | national park of South Africa (en) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | O Cabo Oriental, Suráfrica | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 252 m | |||
Superficie | 1.640 km² | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1931 | |||
Sitio web | sanparks.org… | |||
O Parque Nacional de Elefantes Addo (afrikaans: Addo Olifant Nasionale Park, inglés: Addo Elephant National Park) está situado no distrito de Sarah Baartman, na parte oeste da provincia do Cabo Oriental en Suráfrica, 70 quilómetros ao nordeste de Porto Elizabeth no val do río Sundays. O parque nacional é, cos seus 1640 km², o máis grande do Cabo Oriental.
Historia
[editar | editar a fonte]O parque nacional foi establecido no ano 1931 para a protección dos once elefantes que inda sobrevivían na rexión, os últimos elefantes que até ese momento non caeran vítimas dos cazadores de marfil ou dos campesiños. A inauguración do parque fora precedida dunha caza de elefantes iniciada polo goberno, xa que os elefantes desolaban os campos e xardíns da zona na procura de alimento. Nun só ano abateu P. J. Pretorius, chamado "o último gran cazador branco", 130 elefantes. Tralas protestas públicas polas cazas masivas estableceuse a reserva natural, que foi dende entón ampliada en diferentes ocasións. No ano 1954, cando o parque contiña 22 elefantes, cercou o entón director do parque Graham Armstrong 270 hectáreas de superficie, un cerco que inda hoxe segue en uso. No ano 2004 vivían no parque uns 350 elefantes e poucos anos despois, no 2006, un pouco mais de 400. Con esta cantidade chegouse ao máximo de poboación ecoloxicamente sostible. A longo prazo o Parque de Elefantes Addo converterase no terceiro máis grande de Suráfrica, chegando a unha superficie de 3600 km².
Flora e fauna
[editar | editar a fonte]Ademais dos elefantes viven no parque nacional antílopes, búfalos africanos, eláns, alcélafos, Phacochoerus africanus, cebras, rinocerontes, hienas e leopardos. Nalgunhas zonas periféricas, como a zona do encoro de Darlington ou nas montañas Zuurberg , viven tamén ungulados típicos da zona do Cabo, como cebras de montaña, ñus negros, órix ou antidorcas marsupialis. No río Sundays viven hipopótamos. No ano 2003 foron introducidos leóns no parque.
O parque nacional alberga máis de 500 especies de plantas de 70 familias diferentes.
Turismo
[editar | editar a fonte]O parque recibe cada ano 120.000 visitantes, dos cales un 50% son estranxeiros, na súa maioría provindo de Alemaña, Países Baixos e o Reino Unido.
Animais no Parque Nacional de Elefantes Addo
[editar | editar a fonte]-
Elefante
-
Rabaño de elefantes no parque
-
Búfalo africano
-
Cebras
-
Alcélafos
-
Leóns
-
Un elefante que defende un burato de auga contra un phacochoerus
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional de Elefantes Addo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Addo Elephant National Park. Sitio web do Parque Nacional www.sanparks.org (inglés)