Parque Nacional de Samaria
Aparencia
O Parque Nacional de Samaria atópase na Illa de Creta.
Datos de interese[editar | editar a fonte]
Trátase dun parque nacional de alta montaña, xa que varios cumios coma o Volakas ou o Melintaou superan os dous mil metros de altitude. Nas zonas máis baixas predomina o bosque mediterráneo. O parque nacional foi declarado no 1.962. Posteriormente, no 1.981, foi declarado Reserva da Biosfera. A superficie protexida é de 4.850 hectáreas.
Flora e Fauna[editar | editar a fonte]
As forestas de alcipreste son extensas e predominan na paisaxe. Existen formacións de piñeiro brutia' e de loendros. Tamén están presentes as figueiras, o lentisco e o carballo cabeludo (quercus coccifera). As especies animais máis salientables son o quebraosos e a cabra montesa. Pódense atopar voitres comúns, choias e a gralla cereixeira.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional de Samaria |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Web do parque (en inglés).